Chipilo

Cidade en México

Chipilo é unha cidade localizada a 12 km ao sur da cidade de Puebla, en México. Está localizada a 2.150 metros sobre o nivel do mar. O seu nome oficial é Chipilo de Francisco Javier Mina. O xentilicio dos seus habitantes é chipileños.

Modelo:Xeografía políticaChipilo
Imaxe

Localización
Mapa
 19°00′19″N 98°19′53″O / 19.0053, -98.3314Coordenadas: 19°00′19″N 98°19′53″O / 19.0053, -98.3314
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de Puebla
ConcelloSan Gregorio Atzompa Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.059 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaChipilenho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude2.143 m Editar o valor em Wikidata
Creación1882 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal74325 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico222 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Segusino (pt) Traducir
Huatusco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Orixe histórica editar

Chipilo foi fundado o 2 de outubro de 1882 por inmigrantes italianos provenientes da rexión setentrional do Véneto, aínda que tamén houbo algúns piamonteses e lombardos entre os fundadores. A maioría deles viñeron de Segusino e dos pobos contiguos nas provincias de Treviso e Belluno, como Quero, Valdobbiadene, Feltre e Maser. Neste sentido, a inmigración italiana a Chipilo difire da doutros lugares de Latinoamérica, pero asemellase ó das rexións agrarias da Arxentina, zonas onde a maioría dos inmigrantes proveñen das rexións do Centro-Norte de Italia. Os inmigrantes viñeron a México en busca de terras fértiles e fuxindo da pobreza que azoutaba a rexión do Véneto nesa época. Moitos deles dedicáronse á gandería. Os produtos lácteos volvéronse famosos en moitos lugares de México. Durante os primeiros 20 anos da súa fundación, Chipilo foi unha colonia de estranxeiros chamada Colonia Fernández Leal.[1]

Lingua e cultura editar

Os chipileños conservan as súas tradicións de orixe e especialmete a súa lingua, o Véneto. Aínda se fala hoxe en Chipilo a lingua véneta dos seus bisavós. A variante véneta que se fala é o feltrin-belumat. Resulta sorprendente que a lingua non sufriu grandes influencias do español, como, por contra, ocorreu na Arxentina, ou acontece en Italia co influxo da lingua oficial.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar