Carlos López Gómez

escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Chinto»)


Carlos López Gómez, nado en Boimorto o 21 de maio de 1967,[1] é un escritor e xornalista galego, que asina as súas obras como Carlos López, e que é coñecido polo seu alcume Chinto.[2][3]

Infotaula de personaCarlos López Gómez

Carlos López Gómez, Chinto, no Culturgal 2010.
Biografía
Nacemento21 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Boimorto, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porPinto & Chinto
Actividade
Campo de traballoLiteratura española, Literatura infantil e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalDavid Pintor: Pinto & Chinto Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: lopez_gomez_carlos

Traxectoria editar

Foi colaborador, entre outros, dos xornais composteláns El Correo Gallego e O Correo Galego.[1]

Desde 1993 forma un tándem con David Pintor, "Pinto", coa sinatura conxunta "Pinto & Chinto", que publia diariamente unha banda deseñada de homor gráfico (case sempre de temas de política) no xornal La Voz de Galicia.[2][4]

Así mesmo, nos últimos anos asina periodicamente artigos na sección de Opinión da Voz de Galicia.[5]

A día de hoxe, Pinto & Chinto é a principal referencia da caricatura política en Galicia. Entre os seus premios de humor gráfico destacan o Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene), o Haxtur (Salón Internacional del Cómic de Oviedo) e o Hermés (Ayuntamiento de Barakaldo). En 2001 iniciaron a súa incursión na literatura infantil e, despois de máis de 20 libros, convertérnse nuns dos autores máis galardoados e prolíficos de Galicia: Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, e outros.[4]

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

Infanto-xuvenil editar

  • Minimaladas (2007). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Pinto. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-672-3.[8]
    • Minimalario, publicado por Kalandraka en castelán, catalán, portugués e italiano.
  • La peripecia de Roi (2012). Vigo: Tambre. Ilustracións de Pinto. 116 páxs. ISBN 978-84-263-8552-9.
  • Novas minimaladas (2008). Vigo: Xerais., Merlín. Ilustracións de Pinto. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-931-1.
  • Contos para nenos que dormen deseguida (2010). Con Pinto. Pontevedra: Kalandraka, Sete Leguas. ISBN 978-84-8464-700-3. Publicado en castelán, catalán, portugués e italiano.
  • A peripecia de Roi (2013). Con Pinto. Vigo Tambra, Plan Lector. 126 páxs. ISBN 978-84-9046-010-8. Traducida ao castelán.
  • Isela (2015). Ferrol: Embora. Ilustracións de Nuria Díaz. 68 páxs. ISBN 978-84-16456-17-8.
  • Cámbiache o conto! (2016). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. Ilustracións de Pinto. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-073-3.
  • O lume contador de historias (2016). Vigo: Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Carlote Hénaff. 128 páxs. ISBN 978-84-9046-147-1.
  • Expedición Tilovonte (2018). Vigo: Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Sonja Wimmer. 137 páxs. ISBN 978-84-140-1538-4. Traducida ao catalán.
  • Bichería (2020). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. Ilustracións de Xan López Domínguez. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-696-4.
  • Nicomedes o Pelado (2020). Con Pinto. Pontevedra: Kalandraka, Mare Mar. 48 páxs. ISBN 978-84-8464-697-6. Traducido ao castelán e o portugués.
  • A ovella á que o lobo lle comeu a sombra (2020). Vigo: Tambre: Ala Delta. Ilustracións de Lluís Farré Estrada. Traducido do castelán. 37 páxs. ISBN 978-84-9046-402-1.
  • Mediometrópole e os superheroes (2023). Vigo: Xerais, Merlín. 120 páxs. Ilustracións de Xan López Domínguez. ISBN 978-84-1110-337-4. ePub: ISBN 978-84-1110-349-7.
  • O frac do pingüín (e outros contos de animais). (2023). Vigo: Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Christian Inaraja. 83 páxs. ISBN 978-84-9046-545-5. Traducido do castelán.
  • Contos que caben nunha man (2023). Ed. Obradoiro. Ilustracións de María Uxía González Pin. 88 páxs. ISBN 978-84-16834-45-7.

Premios editar

  • Premio Merlín 2007 por Minimaladas
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil e Mellor portada Infantil/Xuvenil, 2007 por Minimaladas
  • The White Ravens 2011 por Contos para nenos que dormen deseguida e 2014
  • Lista de Honor de Clij 2014
  • Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017
  • Premio Raíña Lupa 2008, A peripecia de Roi
  • Premio Xosé Neira Vilas 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida.
  • Fervenzas Literarias 2010 por Contos para nenos que dormen deseguida

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "López Gómez, Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 328. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. 2,0 2,1 Carlos López Gómez en Tebeosfera (en castelán).
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-07-02. 
  4. 4,0 4,1 Pinto & Chinto Arquivado 10 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Kalandraka.
  5. "Kalandraka - Libros para soñar Pinto & Chinto". kalandraka.com. Consultado o 2023-07-02. 
  6. "El escritor Carlos López presenta hoy su nuevo libro «Raros e curiosos»". La Voz de Galicia. 9 de agosto de 2014. 
  7. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Raros e curiosos". www.edicionsembora.es (en castelán). Consultado o 2023-07-02. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-07-02. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar