Chimalpopoca
Chimalpopoca (antropónimo náhuatl que significa "escudo fumegante"; de chimalli, "escudo", e popoca, "fumegar"), nado en 1397 e finado en 1427, foi o terceiro huey tlatoani da dinastía gobernante en Tenochtitlán, sucesor de Huitzilihuitl en 1415.
Chimalpopoca | |
---|---|
![]() 3.° Huey Tlatoani | |
![]() | |
Chimalpopoca | |
Reinado | 1415-1427 |
Nacemento | 1397 Tenochtitlán, Imperio Azteca |
Falecemento | 1427 Tenochtitlán, Imperio Azteca |
Predecesor | Huitzilihuitl |
Sucesor | Itzcóatl |
Proxenitores | Huitzilihuitl Ayauhcihuatl |
Traxectoria Editar
Chimalpopoca era fillo do emperador Huitzilihuitl e a raíña Ayauhcihuatl. Como huey tlatoani de Tenochtitlán, era vasalo -e neto, por parte de nai- de Tezozómoc, tepanecateuctli (señor dos tepanecas) de Azcapotzalco, e baixo o seu dominio participou nas conquistas tepanecas, entre elas a de Chalco. Á morte de Tezozómoc, sucedeulle o seu fillo Maxtla no trono de Azcapotzalco. Foi entón cando estalou unha revolta interna no Imperio Tepaneca, pois unha serie de señores subordinados erguéronse contra Azcapotzalco e os seus acólitos, dando morte a Chimalpopoca entre outros señores tepanecas, e dando un xiro ó centro hexemónico do imperio, que de Azcapotzalco pasará a Tenochtitlán. O principal líder daqueles rebeldes era Itzcóatl, da dinastía real tenochca (medio irmán de Huitzilihuitl), que sucedeu a Chimalpopoca (a súa vítima) en Tenochtitlán. Daba comezo así o Imperio Mexica ou Tripla Alianza.
Durante o seu reinado construíuse o acueduto de madeira que carrexaba a auga potable dende os mananciais de Chapultepec até Tenochtitlán. Tamén construíu unha estrada con bordos e terrapléns que conectaban a cidade con Tlacopan, tiña cortaduras e pontes de madeira que eran retirados durante a noite.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chimalpopoca |
Bibliografía Editar
- Santamarina Novillo, Carlos (2006). El sistema de dominación azteca : el imperio tepaneca (en castelán). Madrid: Fundación Universitaria Española. ISBN 84-7392-619-6. OCLC 74881906.