Cheryl Contee
blogueira e escritora estadounidense
Cheryl Contee é unha blogueira, escritora e empresaria estadounidense. Foi cofundadora de Jack and Jill Politics,[1] considerado un dos dez mellores blogs afroamericanos de 2008,[2] onde escribiu baixo o alcume de "Jill Tubman". Tamén é cofundadora de Fission Strategy[3] e Attentive.ly.[4] Ela é a autora do libro de 2019, "Mechanical Bull", que detalla a súa historia como unha emprendedora non tradicional.[5] Recibiu o seu título na Universidade Yale e ten un International Executive M.B.A. pola Universidade de Georgetown.
Cheryl Contee | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Lugar de nacemento | Estados Unidos de América |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Yale |
Ocupación | blogueira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Notas editar
- ↑ "Cheryl Contee describes 'Harlem Renaissance 2.0'". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 04 de marzo de 2020.
- ↑ Electronic Village (ed.). "Top Ten Black Blogs (July 2008)". Consultado o 8 de novembro 2011.
- ↑ "Cheryl Contee – Fission Strategy". Fission Strategy (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Our Founders | Attentive.ly". attentive.ly. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Advice on Launching a Tech Startup When You’re Not a White Man". hbr.org. 8 de outubro de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2020.