Chen Chu
Chen Chu (en chinés: 陳菊) nada o 10 de xuño de 1950, é unha política taiwanesa, presidenta do Yuan de Control e da Comisión Nacional dos Dereitos Humanos[1].
Traxectoria
editarLogo de graduarse na Escola de Xornalismo Shih Hsin en 1969 foi, ao longo da década de 1970, a secretaria de Kuo Yu-hsin, un dos máis recoñecidos membros do movemento opositor tolerado Tangwai. En 1979 axudou a fundar a revista opositora Formosa e exerceu brevemente como a directora da oficina da revista en Kaohsiung. Chen foi unha dos oito destacados disidentes, coñecidos como os "oito de Kaohsiung" que foron detidos o 13 de decembro de 1979 e condenados en 1980 a doce anos de prisión polo coñecido como "incidente de Kaohsiung" e pasaron na cadea case seis anos durante o período da lei marcial en Taiwán. En 1986 saíu do cárcere e uniuse ao Partido Democrático Progresista (PDP).
Entre 1994 e 1998 dirixiu o departamento de servizos sociais de Taipei durante o mandato do alcalde Chen Shui-bian e ocupou o mesmo posto en Kaohsiung de 1998 ao ano 2000. No ano 2000 realizou un mestrado de relacións públicas na Universidade Nacional Sun Yat-sen. Ao acceder á presidencia do país Chen Shui-Bian en maio de 2000, Chen Chu encabezou o ministerio de traballo en sucesivos gabinetes ata 2005.
O 9 de decembro de 2006 gañou a elección á alcaldía de Kaohsiung a primeira alcaldesa electa na cidade, e fíxoo por pouco de máis de 1100 votos sobre o candidato do Kuomintang Huang Jun-ying que recorreu a súa vitoria diante a xustiza e aínda que unha primeira sentenza en xuño de 2007 anulou as eleccións, unha instancia xudicial superior confirmou a súa vitoria en novembro de 2007[2]. En 2009 Chen viaxou á República Popular da China para promover os Xogos Mundiais que se ía celebrar nese ano na súa cidade e reuniuse cos alcaldes de Beijing e Shanghai e o presidente do Comité Olímpico da China. Os xogos, que se celebraron entre o 16 e o 26 de xullo, supuxeron un importante beneficio económico para a cidade[3]. Por mor da unión da cidade de Kaohsiung e o condado homónimo en 2010 logrou a reelección do novo municipio especial de Kaohsiung co 53% votos e o 68% dos votos logrou en 2014.
Entre 1 de marzo e o 30 de maio de 2012 foi presidente interina do PDP tras a marcha da súa líder Tsai Ing-wen logo de perder as eleccións presidenciais dese ano.
O 23 de abril de 2018 a presidenta taiwanesa, Tsai Ing-wen designouna secretaria xeral da oficina presidencial[4] posto que mantivo ata o 20 de maio de 2020
O 22 de xuño o presidente taiwanés anunciou que a elixira para dirixir o Yuan de Control[5]malia ser Chen partidaria da supresión desa institución [6][7][8] entre críticas da oposición[9][10][11][12][13], o Yuan Lexislativo confirmou a candidatura por 65 a 3 votos[14]despois de varios días de enfrontamentos na cámara[15][16]os lexisladores do Kuomintang e do Partido Popular Taiwanés boicotearon a votación e os do Partido do Novo Poder votaron en contra[17][18][19]. Segundo as regras internas o seu partido suspendeuna de militancia durante o período como presidenta do Yuan de Control e Chun anunciou que desexaría ser a derradeira presidenta da institución[20].
Notas
editar- ↑ "Chen Chu to be Control Yuan head". Taipei Times. 19 de xuño de 2020.
- ↑ "Court ruling keeps Kaohsiung mayor in office". China.org.cn. 17 de novembro de 2017.
- ↑ "Kaohsiung officials bask in Games’ glory, revenues". The Taipei Times. 30 de xullo de 2009.
- ↑ Chen Chu takes up post as Presidential Office secretary-general, Focus Taiwan News Channel, 23 de abril de 2018
- ↑ China (Taiwan), Ministry of Foreign Affairs, Republic of (23 de xuño de 2020). "PO announces Control Yuan president and member nominees". Taiwan Today (en inglés).
- ↑ "蘋論:1個理由,陳菊可當監察院長". 蘋果新聞網. 17 de xullo de 2020.
- ↑ "陳菊:期許扮演末代監察院長 修憲後就光榮離開 | 政治 | 重點新聞 | 中央社 CNA". www.cna.com.tw. 14 de xullo de 2020.
- ↑ 自由時報電子報 (15 de xullo de 2020). "陳菊:廢考監院後光榮離開 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報.
- ↑ "KMT disputes Chen Chu’s Control Yuan nomination - Taipei Times". www.taipeitimes.com. 20 de xuño de 2020.
- ↑ "國民黨佔領立院 杯葛陳菊監察院長任命案". 美國之音. 29 de xuño de 2020.
- ↑ 聯合新聞網 (14 de xullo de 2020). "「陳菊早退藐視立院」 蔡壁如:為何監院院長非她不可 | 聯合新聞網:最懂你的新聞網站". 聯合新聞網 (en chinés). Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "民眾黨批陳菊不適任監院 吳益政哽咽憶交情:永遠尊敬她". 鏡週刊 Mirror Media. 16 de xullo de 2020-07-16.
- ↑ 自由時報電子報 (24 de xuño de 2020). "時力民調:逾半民眾認為陳菊不能發揮監委職權查弊 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報 (en chinés). Consultado o 2020-07-17.
- ↑ 自由時報電子報 (17 de xullo de 2020). "監委同意權》65:3! 立院同意陳菊出任監察院長 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報.
- ↑ "Punches and water balloons thrown in Taiwanese parliament melee". euronews. 17 de xullo de 2020.
- ↑ Reuters (16 de xullo de 2020). "Fighting Again in Taiwan Parliament Over Disputed Nomination". The New York Times. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 02 de outubro de 2020.
- ↑ "立院一片狼藉中...陳菊獲65張同意票過門檻 出任監察院長 | 政治". 新頭殼 Newtalk. 17 de xullo de 2020.
- ↑ 經濟日報 (17 de xullo de 2020). "立院行使同意權爆衝突 陳菊等27監委人事全過關 | 政經大事 | 產業". 經濟日報. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 02 de outubro de 2020.
- ↑ "【立院混戰】陳菊獲立院同意任監察院長 藍抗議作票、民眾黨擬提釋憲". 蘋果新聞網. 17 de xullo de 2020.
- ↑ 聯合新聞網 (14 de xullo de 2020). "陳菊:期許自己成功扮演 最後一任監察院長 | 聯合新聞網:最懂你的新聞網站". 聯合新聞網.