Chelbacheb
As Illas Chelbacheb (tamén coñecidas como Illas Roca) son un pequeno arquipélago de 200 a 300 illas de pedra calcaria, cunha superficie total de 42 kilometros cadrados (16 sq mi) e unha altura máxima de 207 m. en Palau, entre as illas de Koror e Peleliu. As illas están formadas dun arrecife de coral parcialmente emerxido e están deshabitadas, pero son famosas polas súas praias e bosques tropicais e pola peculiar forma na maioría das illas. As illas foron declaradas Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2012.
Rock Islands | |
---|---|
![]() Vista da illa | |
![]() Localización | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Chelbacheb |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°14′N 134°18′L / 7.233, -134.300Coordenadas: 7°14′N 134°18′L / 7.233, -134.300 |
Xeografía | |
Superficie | 41´12 km² |
Punto máis alto | 207 m. |
Demografía | |
Poboación | 6 hab. (2014) |
XeografíaEditar
As illas Chelbacheb están pouco poboadas e son famosas polas súas praias, as lagoas azuis e as peculiares formas de paraugas de moitas das propias illas. Moitas das illas presentan unha forma parecida a un cogomelo cunha base máis estreita na muesca intermareal. A sangría procede da erosión e da densa comunidade de esponxas, bivalvos, quitóns, lapas, ourizos e outros que pastan principalmente con algas.[1]
O arquipélago divídese en sete grupos distribuídos de norte a sur.
- Illas Ulubsechel (6 km²): situado ao noroeste e xusto ao sur da illa de Koror. Está conformado por 20 illas;
- Illas Urukthapel ou Ngeruktabel (25 km²): ao suroeste de Ulubsechel e conformado por 80 illas, do cal sobresae a illa de Ngerukthable;
- Illas Ulong (0,08 km²): quince illas situadas ao oeste de Urukthapel;
- Illas Mecherchar (19 km²): 70 illas situadas ao sur de Ngeruktabel, do cal sobresae a illa de Eil Malk. Nesta illa está situado o chamado Lago das Medusas.
- Illas Ngerukeuid ou Seventy Islands (0,2 km²): 40 illas situadas ao oeste de Mecherchar;
- Illas Ngemelis (0,9 km²): 20 illas situadas ao sur de Ngerkeuid, sobresae a illa de Dmasech;
- Illas Ngeroi (1,2 km²): no extremo meridional do arquipélago, a só 5 km ao norte do estado de Peleliu. Consiste en cinco illas.
Lagoa meridional das illas Chelbacheb | |
---|---|
Lagoa das Medusas (na parte inferior) en Eli Malk. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Palau |
Localización | 7°14′N 134°18′L / 7.233, -134.300 |
Tipo | Mixto |
Criterios | III, V, VII, IX, X |
Inscrición | 2012 (36ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 1386 |
Mergulladores descendendo xunto ó mastro da Cisterna xaponesa Iro.
NotasEditar
- ↑ Murphy, Richard C. (2002). Coral Reefs: Cities Under The Seas. The Darwin Press, Inc. pp. 60–61. ISBN 0-87850-138-X.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chelbacheb |
Ligazóns externasEditar
- Island Directory Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Map of Mecherchar (Eil Malk)