Ovella charolesa

raza ovina francesa
(Redirección desde «Charolesa (ovella)»)

A charolesa, oficialmente denominada carneiro charolés pola súa entidade criadora e regulamentadora, é unha raza de ovella orixinaria da rexión francesa do Charolés, ao sur da Borgoña (Francia).

Carneiro charolés, nunha feira gandeira de Dunblane.

Características editar

A ovella charolesa é forte e voluminosa, con exemplares adultos que se sitúan entre 120 e 150 kgs (os carneiros) e entre 80 e 100 kgs as femias.

A cabeza, que non ten la, é rosada ou gris, e ás veces ten pequenas pencas negras. A testa é ampla, cos ollos separados. As orellas son finas, longas e móbiles, da mesma cor cá cabeza. O corpo é robusto, tanto no lombo, como no peito como nas pernas. As patas tampouco teñen la, pero son claras e rectas. A la é curta e fina.

As ovellas charolesas ofrecen un bo rendemento leiteiro, co que crían rapidamente os años.

Historia editar

 
Femia de charolesa, á que se lle pode apreciar claramente a faciana rosada.

A finais do século XVIII nesta rexión do sur da Borgoña producíase unha ovella destinada fundamentalmente a carne, bastante heteroxénea, e chamada morvandelle (do macizo de Morvan). Pero nese momento comeza a abrochar a industria téxtil e a produción de la pasa a ser un dos obxectivos principais dos gandeiros. Para iso importan ovella meiriña, que non cruzan coa local. Porén, cando contra 1820 o sector da la entra en crise, os gandeiros borgoñóns tornan ao mercado cárnico, importando ovella inglesa, concretamente leicester, que cruzan coa morvandelle. É o nacemento da armentía de ovella charolesa.

A comezos do século XX, trala primeira guerra mundial introdúcese na rexión a ovella southdown, que reduce o número de cabezas de charolesa. Porén, a partir dos anos cincuenta dese século, a necesidade de obter animais máis fortes e menos graxos volve relanzar a produción de charolesa. En 1963 ten lugar o primeiro concurso da raza, que é recoñecida en 1974 polo ministerio de Agricultura.

A raza é na actualidade unha das máis vigorosas de Francia, cunha poboación estimada de 400.000 cabezas dentro do estado francés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar