Charlie Rivel
José Andreu, coñecido artistacamente como Charlie Rivel, nado en Cubelles (provincia de Barcelona) o 24 de abril do 1896 e finado en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un pallaso catalán. Foi internacionalmente coñecido como pallaso de circo.
Charlie Rivel | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Charlie Rivel |
Nacemento | 23 de abril de 1896 |
Lugar de nacemento | Cubelles |
Falecemento | 26 de xullo de 1983 |
Lugar de falecemento | Sant Pere de Ribes |
Causa | hemiplegia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Pallaso, artista de circo, trapezista, mimo, actor de cinema e humorista |
Pai | Pere Andreu i Pausas |
Nai | María Luisa Laserre |
Fillos | Paulina Andreu i Busto |
Premios | Creu de Sant Jordi e Premio Nacional de Teatro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Seus pais, Pedro Andreu Pausas Rivels (catalán) e Marie-Louise Lasarre (francesa) foron artistas de circo tamén.Iniciou a súa carreira con tan só tres anos de idade, actuando no grupo Los Rivels cos seus irmáns Polo Rivel e René Rivel. Posteriormente actuou en solitario e obtivo gran popularidade en toda Europa.
Tomou o seu nome artístico de Charlie Chaplin. A lenda di que Chaplin lle preguntou nunha ocasión: "Es ti quen me imita a min ou son eu que te imita a ti?". Ó comenzo da segunda guerra mundial marcaríase a súa personalidade definitiva (xersei longo, cadeira e guitarra). Tería que permanecer na Alemaña nazi durante dous anos, cumprindo os seus contratos firmados.
En 1954 regresou a Barcelona, onde se converteu nunha estrela do Circo Price; era moi orixinal o seu número como "pallaso ouveador".
En 1971 participa nun filme de Federico Fellini, Clowns.