Charlie's Country

filme de 2013 dirixido por Rolf de Heer

Charlie's Country é un filme australiano dirixido por Rolf de Heer que se estreou no ano 2013. Foi rodado en linguas yolŋu e en inglés. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2014[1] no que David Gulpilil gañou o premio ó mellor actor.[2] Tamén foi proxectado na sección Contemporary World Cinema do Festival de Toronto[3] e foi premiado co premio de Mellor Ficción no Festival Internacional do Foro en Dereitos Humanos (FIFDH) en Xenebra.[4]

Charlie's Country
Ficha técnica
Título orixinalCharlie's Country
DirectorRolf de Heer
ProdutorRolf de Heer
Peter Djigirr
Nils Erik Nielsen
GuiónRolf de Heer
David Gulpilil
IntérpretesDavid Gulpilil
Luke Ford
MúsicaGraham Tardif
FotografíaIan Jones
MontaxeTania Nehme
EstreaFestival de Adelaide: 12 de outubro de 2013
Duración108 minutos
OrixeAustralia Australia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt3244512 Filmaffinity: 399749 Allocine: 224733 Rottentomatoes: m/charlies_country Mojo: charliescountry Allmovie: v608265 Metacritic: movie/charlies-country Netlix: 80013292Editar o valor em Wikidata

Foi escollido como candidato australiano na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar, pero non saíu nomeado.[5]

Sinopse editar

Charlie, un home aborixe que vive na Terra de Arnhem, pinta nas codias das árbores e pesca barramundi, mais séntese fóra de lugar nunha Australia que xa non lle pertence.[6] Láiase da perda da súa cultura na moderna Australia. Despois de que a súa lanza de caza é confiscada pola policía por considerala unha arma, decide deixar a súa comunidade aborixe e marcha ó bosque.[6] Cae enfermo e é levado a un hospital en Darwin.[6] Pouco despois, faise amigo dunha muller para a que merca bebidas alcohólicas ilegalmente, motivo polo cal é arrestado.[6] Por mor diso, é enviado ó cárcere.[6] Finalmente, accede a ensinar as danzas tradicionais á seguinte xeración de mozos aborixes, temendo pola desaparición da súa identidade cultural.

Personaxes editar

  • David Gulpilil como Charlie
  • Peter Djigirr como Black Pete
  • Luke Ford como Luke
  • Jennifer Budukpuduk Gaykamangu como Faith
  • Peter Minygululu como Old Lulu
  • Ritchie Singer como Doutor de Darwin
  • Gary Sweet como Dono da tenda de licores de Darwin

Notas editar

  1. Cannes (ed.). "2014 Official Selection". Consultado o 18 de abril de 2014. 
  2. "Un Certain Regard 2014 Awards". Festival de Cannes 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  3. Indiewire (ed.). "TIFF Adds 'Clouds of Sils Maria' and 'Two Days, One Night,' Reveals 5 More Lineups". Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  4. tdg.ch/ (ed.). "Festival : Le FIFDH s’est achevé sur une affluence record - Culture - tdg.ch". Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  5. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Australia Selects 'Charlie's Country' for Foreign-Language Category". Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Jane Howard, Charlie's Country review — slow indictment of a colonialist relationship, The Guardian, 15 de outubro 2013

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar