Charles Louis Alphonse Laveran
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.
Charles Louis Alphonse Laveran | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de xuño de 1845 |
Lugar | París (Francia) |
Falecemento | 18 de maio de 1922, 76 anos |
Lugar | París (Francia) |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Residencia | Francia |
Nacionalidade | Francesa |
Cónxuxe | Sophie-Marie Pidancet |
Actividade | |
Campo | médico, catedrático, microbiólogo, parasitologista e investigador |
Alma máter | Faculté de médecine de Strasbourg, Lycée Louis-le-Grand, Val-de-Grâce e Hôpital civil, Strasbourg |
Director de tese | Émile Küss |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Estudo da influencia dos protozoos nas enfermidades. |
Premios | Premio Nobel de Medicina (1907) |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Escola Militar de Medicina de Estrasburgo e serviu como cirurxián do exército na guerra franco-prusiana. En 1878 foi enviado a Alxeria como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o paludismo. Froito destes estudos foi o descubrimento do plasmodio, parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da malaria, que sería descuberto por Ronald Ross uns anos máis tarde.
O 6 de novembro de 1880 observou por primeira vez no microscopio -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".
En 1894 pasou a prestar servizos no Instituto Pasteur de París, que chegou a dirixir máis tarde. En 1907 fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.
Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1907 «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos protozoos na orixe das enfermidades».
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Louis Alphonse Laveran |