Píllara pequena

(Redirección desde «Charadrius dubius»)

A píllara pequena ou píllara areeira (Charadrius dubius) é unha pequena especie de píllara.

Etimoloxía editar

O nome do xénero Charadrius procede dunha palabra latina referida unha ave amarelada mencionada na Vulgata do século IV. Deriva do grego kharadrios, un paxaro que vivía nos vales fluviais (kharadra, 'barranco'). O nome específico dubius significa en latín 'dubidoso', xa que Sonnerat, en 1776, pensaba que este paxaro podería ser simplemente unha variante da píllara real (Charadrius hiaticula).[2]

Description editar

 
Poliño de píllara pequena
 
Ovo de Charadrius dubiusMHNT

Os adultos teñen un dorso e ás de cor marrón agrisado, un ventre branco e un peito tamén branco e cunha banda negra. Teñen a parte superior da cabeza marrón, unha fronte branca, unha máscara negra arredor dos ollos con branco por riba e un peteiro escuro e curto. As patas son de cor carne e os dedos están palmados.

Esta especie difire da especie máis grande píllara real na cor das patas, o padrón da cabeza e a presenza dun anel ocular amarelo.

Son aves migratorias e pasan o inverno en África. Estas aves buscan alimento en áreas lamacentas, xeralmente usando a vista. Comen insectos e vermes.

 
Apareamento, o macho golpea a cloaca da femia
 
En Kannur, Kerala
 
Individuo novo na lago Pulicat, India

Hábitats e área de distribución editar

O seu hábitat reprodutor son áreas de grava preto de auga doce, como pozos de grava, illas e ribeiras de ríos de Eurasia e norte de África. Aniñan en terra sobre pedras con pouca ou ningunha vexetación arredor. Tanto os machos coma as femias fan quendas para chocar os ovos.

Subespecies editar

Ten tres subespecies recoñecidas:

  • C. d. curonicus J. F. Gmelin, 1789 - desde Eurasia, oriente ruso, o Xapón, Corea, a China ao norte de África. Pasa o inverno no Sáhara, e Sri Lanka ata Indonesia e a China.
  • C. d. jerdoni (Legge, 1880) - desde a India, Sri Lanka, Paquistán ao sueste asiático.
  • C. d. dubius Scopoli, 1786 - de Filipinas, a Nova Guinea e arquipélagode Bismarck.

Conservación editar

É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).

Notas editar

  1. "Charadrius dubius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 99, 141. ISBN 978-1-4081-2501-4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar