Chapas

Xogo infantil

O xogo das chapas é un xogo popular de gran sinxeleza, que precisa só de chapas de botellas.

Unha chapa de botella.

Materiais editar

  • Necesítase unha chapa (tapón de refresco ou cervexa) para cada unha das persoas que van xogar.
  • Un terreo onde xogar. Nel píntase unha estrada, onde se representan curvas, rectas e todo tipo de sinais (pozos, cárceres, atallos, áreas...) que permitirán que o xogo sexa máis entretido.

Normas editar

  • Cada xogador só poderá tirar tres veces seguidas, se este non se sae das liñas marcadas.
  • Se a chapa cae nas zonas de castigo (pozos, áreas...) a persoa non poderá tirar ata pasadas tres quendas dos seus contrincantes. Só poderá tirar antes se os seus compañeiros tamén caen.
  • Se ao lanzar se cae na morte ou no cárcere, isto supón a volta ao inicio.

Proceso editar

Para empezar a xogar, cada xogador sinala a súa chapa coa finalidade de diferenciala das demais. Posteriormente, énchese a chapa de barro para que esta pese e poder deslizala mellor pola estrada. Co cu para abaixo, empúrrase a chapa co dedo índice e vaise comendo terreo para gañar a partida.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar