Chantal Akerman
Chantal Akerman, nada en Bruxelas o 6 de xuño de 1950 e finada en París o 5 de outubro de 2015,[1] foi unha directora de cinema e artista belga, profesora de cinema na European Graduate School.[2] Os seus filmes están baseados en observacións sobre a vida cotiá, a necesidade de comer, a sexualidade, o illamento e a política de exclusión no século XX. Deuse a coñecer ao gran público co filme Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), onde exemplifica o seu modo de evadir a narrativa convencional mediante a elipse. Nos últimos anos destacou así mesmo na literatura.
Traxectoria
editarAkerman naceu no seo dunha familia xudía practicante en Bruxelas. Os seus avós e a súa nai foron enviados a Auschwitz e só se salvou a súa nai. A ansiedade materna e o exilio foron temas recorrentes na súa filmografía.
Akerman sinalou que tras ver aos quince anos Pierrot le Fou (1965) de Jean-Luc Godard, decidiu rodar ela mesma. Aos dezaoito entrou no Institut National Supérieur des Arts du Spectacle et des Techniques de Diffusion, centro de ensino de cinematografía belga. Axiña o abandonou e realizou unha curtametraxe en 35 mm en branco e negro cos seus aforros, Saute ma ville (1968), que dura trece minutos e ten como protagonista unha moza (ela mesma como actriz) e a súa relación conflitiva coas cousas cotiás. En 1971, foi premiada no festival de Oberhausen.[3] Ese mesmo ano trasladouse a Nova York, onde estivo ata 1972. Alí viu cinema independente, especialmente de Stan Brakhage, Jonas Mekas, Andy Warhol e Michael Snow. Obras de 1972, como Hotel Monterey e curtametraxes como La Chambre 1 e La Chambre 2, revelan a súa nova aprendizaxe. Iniciou entón unha colaboración coa cineasta Babette Mangolte.
En 1973, Akerman regresou a Bélxica. En 1974, foi recoñecida pola crítica con Je tu il elle, filme experimental sobre a agresión. O seu manifesto é un clásico moderno. Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles (1975), eloxiado por The New York Times como "a primeira obra mestra do feminino na historia do cinema", trata dunha eficiente ama de casa que se ve obrigada a prostituírse para poder vivir co seu fillo. Axiña, en 1978, concluíu Les Rendez-vous d'Anna, un filme que destacou pola súa beleza e precisión.
En 1991, presentou a súa longametraxe Nuit et jour, onde inverte o dúo día e noite, é a historia dun trío amoroso, con dous mozos e unha moza, que viven nas súas relacións de paixón separadas en dúas metades do día, case sen durmir. O filme, como dixo Akerman, non ten nada que ver co modo de facer de Truffaut, mais hai unha homenaxe indirecta á materia de Jules et Jim e outro expreso cun libro que leva un protagonista cun relato de Truffaut. Ese mesmo ano foi membro do xurado do 41.º Festival de Cinema de Berlín.[4]
Akerman sempre rexeitou, a pesar do carácter escollido da súa obra, que o seu cinema se agoche en guetos. En 2011 presentou a súa versión da novela de Joseph Conrad, Almayer's Folly.
Akerman faleceu o 5 de outubro de 2015 en París; Le Monde informou de que se suicidou.[5] Tiña 65 anos.[6][7][8] O seu último filme foi o documental No Home Movie, unha serie de conversas coa súa nai pouco antes da morte desta. Do filme, Akerman dixo: "penso que se eu soubese que ía facer con isto, non me atrevería a facelo".[9] Segundo a irmá de Akerman, fora hospitalizada pouco antes por depresión e volvera a París dez días antes da súa morte.[6]
Filmografía
editarAno | Título | Lonxitude | Notas |
---|---|---|---|
1968 | Saute ma Ville | 13 minutos | |
1971 | L'enfant aimé ou Je joue à être une femme mariée | 35 minutos | |
1972 | La Chambre 1 | 11 minutos | Akerman foi tamén montadora |
1972 | La Chambre 2 | 11 minutos | Akerman foi tamén montadora |
1972 | Hotel Monterey | 62 minutos | |
1973 | Le 15/8 | 42 minutos | codirixido con Samy Szlingerbaum Akerman tamén foi directora de fotografía e montadora |
1973 | Hanging Out Yonkers | 90 minutos | incompleto |
1974 | Je Tu Il Elle | 90 minutos | |
1975 | Jeanne Dielman, 23 Quai du Commerce, 1080 Bruxelles | 201 minutos | |
1976 | News from Home | 85 minutos | |
1978 | Les Rendez-vous d'Anna | 127 minutos | |
1980 | Dis-moi | 127 minutos | |
1982 | Toute une nuit | 89 minutos | |
1983 | Les Années 80 | 82 minutos | |
1983 | Un jour Pina à demandé | 57 minutos | |
1983 | L'homme à la valise | 60 minutos | |
1984 | J'ai faim, j'ai froid | 12 minutos | segmento de Paris vu par, 20 ans après |
1984 | New York, New York bis | 8 minutos | perdido |
1984 | Lettre d'un cinéaste | 8 minutos | |
1986 | Golden Eighties | 96 minutos | |
1986 | La paresse | 14 minutos | segmento de Seven Women, Seven Sins |
1986 | Le marteau | 4 minutos | |
1986 | Letters Home | 104 minutos | |
1986 | Mallet-Stevens | 7 minutos | |
1989 | Histoires d'Amérique | 92 minutos | Participou no 39.º Festival de Cinema de Berlín[10] |
1989 | Les trois dernières sonates de Franz Schubert | 49 minutos | |
1989 | Trois strophes sur le nom de Sacher | 12 minutos | |
1991 | Nuit et jour | 90 minutos | Participou no 48.º Festival de Cinema de Venecia |
1992 | Le déménagement | 42 minutos | |
1992 | Contre l'oubli | 110 minutos | Akerman dirixiu un segmento curto |
1993 | D'Est | 107 minutos | |
1993 | Portrait d'une jeune fille de la fin des années 60 à Bruxelles | 60 minutos | |
1996 | Un divan à New York | 108 minutos | |
1997 | Chantal Akerman par Chantal Akerman | 64 minutos | |
1999 | Sud | 71 minutos | |
2000 | La Captive | 118 minutos | Colaboración con Eric de Kuyper |
2002 | De l'autre côté | 103 minutos | Akerman foi tamén unha dos tres directores de fotografía |
2004 | Demain on déménage | 110 minutos | Colaboración con Eric de Kuyper |
2006 | Là-bas | 78 minutos | Akerman foi tamén directora de fotografía con Robert Fenz |
2007 | Tombée de nuit sur Shanghaï | 60 minutos | segmento de O Estado do Mundo |
2011 | La Folie Almayer | 127 minutos | |
2015 | No Home Movie | 115 minutos | Akerman foi tamén directora de fotografía |
Notas
editar- ↑ "Muere la cineasta belga Chantal Akerman a los 65 años". El País (en castelán). 6 de outubro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ Chantal Akerman Faculty Page Arquivado 23 de outubro de 2015 en Wayback Machine. at European Graduate School
- ↑ Margulies, Ivone (1996). Nothing happens : Chantal Akerman's hyperrealist everyday. Durham: Duke University Press. p. 2. ISBN 978-0-8223-1723-4. OCLC 32699931.
- ↑ "Berlinale: 1991 Juries". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2005. Consultado o 21 de marzo de 2011.
- ↑ Isabelle Regnier (6 de outubro de 2015). "La cinéaste Chantal Akerman est morte". Le Monde. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 Donadio, Rachel; Buckley, Clara (6 de outubro de 2015). "Chantal Akerman, Pioneering Belgian Filmmaker, Dies at 65". The New York Times. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ Gester, Julien (6 de outubro de 2015). "Mort de la cinéaste Chantal Akerman". Libération. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ Catherine Shoard (6 de outubro de 2015). "Chantal Akerman, pioneering Belgian film director and theorist, dies aged 65". The Guardian. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ Rapold, Nicolas (5 de agosto de 2015). "Chantal Akerman Takes Emotional Path in Film About 'Maman'". The New York Times. Consultado o 24 de novembro de 2015.
- ↑ "Berlinale: 1989 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Chantal Akerman Faculty Page at European Graduate School
- [1] Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Artist's page in Artfacts.Net Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. with actual major exhibitions.
- Interview with Chantal Akerman Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Screens of Film, Video, Memory, and Smoke by Ana Balona de Oliveira in Fillip
- Chantal Akerman, Professor in the Film/Video Program of the City College of New York