Chamaeleo chamaeleon

Chamaeleo chamaeleon, coñecido vulgarmente como camaleón común, é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos iguanios, familia dos camaleónidos e subfamilia dos camaleoninos. É a especie tipo da familia e a subfamilia citadas.

Chamaeleo chamaeleon
Camaleón común

Chamaeleo chamaeleon na illa de Samos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Iguania
Familia: Chamaeleonidae
Subfamilia: Chamaeleoninae
Xénero: Chamaeleo
Especie: C. chamaeleon
Nome binomial
Chamaeleo chamaeleon
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Chamaeleo chamaeleon En verde: nativo; en vermello: introducido
Área de distribución de Chamaeleo chamaeleon
En verde: nativo; en vermello: introducido

Área de distribución de Chamaeleo chamaeleon
En verde: nativo; en vermello: introducido
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Chamaeleo chamaeleon recticrista, en terra.

Xunto co camaleón africano, C. africanus, é unha das dúas únicas especies existentes de camaleónidos cunha área de dispersión que se estende a Europa.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus, na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Lacerta chamaeleon.[2]

Variacións taxonómicas editar

En 1768 o médico​ e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti incluíuna dentro do xénero Chamaeleo, descrito por este autor nese mesmo ano, co nome de Chamaeleo parisiensium.[3] Máis tarde, polo principio de antigüidade das leis de nomenclatura zoolóxica, foi reclasificado co nome actual.

Etimoloxía editar

Tanto o nome xenérico como o específico derivan do latín chămaelĕōn,[4] tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,[4][5] voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león".[5] Literalmente: "león da terra".

Sinónimos editar

Ademaais do nome actualmente válido, a especie coñceuse, entre outros, polo sinónimos seguintes:[6]

  • Lacerta chamaeleonLinnaeus, 1758 (protónimo)
  • Chamaeleo parisiensium Laurenti, 1768
  • Cameleo siculus Grohmann, 1832
  • Chamaeleo cinereus Strauch, 1862
  • Chamaeleon auratus Gray, 1865
  • Chamaeleon fasciatus Smith, 1866
  • Chamaeleo vulgaris var. recticrista Boettger, 1880
 
Primeiro plano de Chamaeleo chamaeleon chamaeleon coa boca abrta disposto a proxectar a súa lingua.
  • Chamaeleo saharicus Müller, 1887
  • Chamaeleon vulgaris var. musae Steindachner, 1900

Subespecies editar

Na actualidade recoñécense, dentro da especie, as catro seguintes subespecies:[6]

  • Chamaeleo chamaeleon chamaeleon (Linnaeus, 1758)
  • Chamaeleo chamaeleon musae Steindachner, 1900
  • Chamaeleo chamaeleon orientalis Parker, 1938
  • Chamaeleo chamaeleon recticrista Boettger, 1880

Características editar

 
Camaleóm común subindo por unha poliña. Nótese a distribución dos dedos dos seus pés.
 
Camaleóm común, asustado, coa coloración negra.

O camaleón común, como outros membros da súa familia, vive en hábitats arbóreos movéndose nas árbores e nos arbustos cos seus pés, provistos de cinco dedos, unidos en grupos de dous ou tres a cada lado, para agarrarse ás pólas; tamén utiliza a súa cola prénsil para manter o equilibrio e a estabilidade.[7]

Os camaleóns comúns, como todas as especie do seu xénro, distínguense polos seus pés zigodáctilos, as súas longas linguas, moi modificadas, rapidamente protráctiles (que poden proxectarse moito cara a fóra da boca)[8] e a súa marcha balanceándose,[9] e unha cola prénsil. Os ollos poden moverse independentemente o un do outro, pero para apuntar a unha presa, céntranse cara a adiante en coordinación, permitindo unha visión estereoscópica ao animal.

Vídeo dun camaleón común gabeando polo tronco dun piñeiro para subir á copa.

Os seus movementos adoitan seren pausados, a miúdo cun lixeiro movemento de balanceo para evitar ser detectado polos seus depredadores. Porén, o animal pode moverse máis rapidamente cando está involucrado nunha disputa territorial. Polo xeral, son animais solitarios que manteñen un territorio e só toleran membros do sexo oposto durante a temporada de apareamento.[7]

A lonxitud media do camaleón común macho é de 20 a 40 cm; as femias adoitan seren notabelmente máis grandes. A súa coloración é variábel, entre amarela/marrón, verde e marrón escura. Calquera que sexa a cor de fondo, presenta dúas liñas de cor clara ao longo dos flancos. Presentan unha pequena barba de escamas e algunhas outras pequenas escamas duras na parte superior das costas.[7]

Moitos supoñen que os cambios de cor experimentados polo camaleón son o resultado do seu intento de camuflarse, cando en realidade cambia a súa cor como resposta aos estímulos de luz e temperatura, e como unha expresión das súas emocións. A miúdo, cando o atrapan para a súa análise, pode volverse de cor máis escuro. A súa coloración tamén é importantes para a comunicación entre especies, especialmente durante a temporada de apareamento.[7]

Alimentación editar

Véxase tamén: Protráctil.

O camaleón común é basicamente insectívoro, capturando insectos sixilosamente coa rápida proxección da súa longa lingua protráctil, que ten unha expansión terminal pegañenta que agarra e se adhire á súa presa. Sábese que os adultos comen camaleóns xoves e se observou que tamén comen froitos (probalelmente como fonte de auga).[7]

Reprodución editar

O camaleón común é sexualmente maduro cando teñen un ano de idade. As femias fan unha niñada cada ano. As femias máis grandes poñen máis ovos, e son máis atractivas para os machos, que pelearán entre eles por unha destas femias. A temporada de apareamento vai desde mediados de xullo até mediados de setembro. Para reproduciese os animais descenden a niveis máis baixos de vexetación, ou mesmo ao solo, para buscaren parella. Os ovos póñense no solo e tardan de 10 a 12 meses en incubarse. Os animais adultos, especialmente os machos, comerán as crías que encontren cerca.[7]

Distribución e hábitat editar

Distribución editar

Esta especie é autóctona do norte de África (Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia e Exipto),[10] no Oriente Medio (Israel, Líbano, Siria, sur de Turquía, Iraq, Irán, Xordania, Arabia Saudita e o Iemen) e nalgúns países do sur de Europa (sur de Portugal e de España),[11][12] Grecia (Creta, Samos) e Chipre.[6]

Na Península Itálica está presente no sur da Calabria, onde é alóctona.[6][13]

O seu status en Sicilia é algo incerto: aínda que este camaleón citouse durante moito tempo na fauna siciliana, onde se introduciu e rexistrou na illa desde 1832, parece non ter durado, e só informes esporádicos citárona contra o final do século XX.[14]

Introduciduse con éxito noutras illas gregas, Canarias e Malta.

Hábitat editar

Os seus hábitats naturais son os bosques temperados e as zonas de vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, plantacións e xardíns rurais.[1]

Cómpre destacar que o camaleón común é o único réptil europeo con hábitos arborícolas.[15][16]

Na Península Ibérica editar

A diferenza do que ocorre no norte de África, a maior parte da área ocupada por C. chamaeleon na Península Ibérica coincide con áreas sometidas a un forte impacto humano. Nalgúns casos, as maiores densidades desta especie encóntranse en hortos e pequenos cultivos, onde os campesiños consideran beneficiosa a súa presenza e trasladan activamente exemplares dun sitio a outro no seu proveito. Este, por exemplo, foi a orixe das poboacións que existiron no sur de Doñana onde, a mediados do século XX, os poboadores das cabanas das Marismillas traían regularmente camaleóns desde a outra beira do río Guadalquivir para liberalos nos seus hortos, nun intento de controlar posíbeis pragas de insectos. Noutros casos, as poboacións de C. chameleon concéntranse en zonas urbanizadas asociadas ao turismo de praia, onde con frecuencia son capturados e mantidos en catividade, non sendo raro que cando os veraneantes volven ás súas localidades de residencia habitual leven consigo algún exemplar, converténdose entón nun vector efectivo de dispersión.[17]

Ameazas editar

Chamaeleo chamaeleon está ameazado localmente pola perda de hábitat debido á urbanización e o desenvolvemento de instalaciónes turísticas, a intensificación das actividades agrícolads, a depredación por animais domésticos, as mortes accidentais nas estradas e a recolección ilegal de animais. Poden usarse para remedios ou como talismáns no norte de África (non en Exipto). Captúranse animais ilegalmente para o mercado internacional de mascotas, que se ofrecen aos turistas nos mercados locais. En Turquía, os incendios forestais tamén son unha ameaza.[1]

Accións para a súa protección editar

O camalón común está incluído no Anexo II do Convenio de Berna para aconservación da vida silvestre e do medio natural de Europa (1979), e no Apéndice II da CITES. A súa área de dispersión inclúe moitas zonas protegidas, especialmente en Marrocos. En España creáronse barreiras nun intento de previr a mortalidade nas estradas.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a área de distribución desta especie é moi ampla, que tolera relativamente ben a modificación do seu hábitat, que se presume que a súa poboación é grande, e que é pouco probábel que diminúa o suficientemente rápido como para situala nunha categoría ameazada, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Vogrin, M.; Corti, C.; Pérez Mellado, V.; Sá-Sousa, P.; Cheylan, M.; Pleguezuelos, J.; Baha El Din, S. & Al Johany, A. M. H. (2012): Chamaeleo chamaeleon na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 15 de novembro de 2019.
  2. Chamaeleo chamaeleon en Wikisspecies.
  3. Josephus Nicolaus Laurenti (1876): Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena.
  4. 4,0 4,1 chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.
  5. 5,0 5,1 χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Chamaeleo chamaeleon (Linnaeus, 1758) en The Reptile Database.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Mediterranean Chamaeleon". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  8. protráctil no Dicionario da RAG.
  9. Edmonds, Patricia (Setembro de 2015). "True colors". National Geographic: 98. 
  10. Baha El Din, Sherif (2006). A Guide to Reptiles & Amphibians of Egypt. Cairo: The American University in Cairo Press. ISBN 978-9774249792. 
  11. http://repositorio.ul.pt/bitstream/10451/6136/1/ulfc092916_tm_patricia_bras.pdf
  12. Blasco, M. (1997): "Chamaelo chamaeleon (Linnaeus, 1758) Camaleón común, Camaleão". En: Pleguezuelos, J. M., ed. Distribución y Biogeografía de los anfibios y Reptiles en España y Portugal. Granada: Editorial Universidad de Granada, pp. 190–192.
  13. Sperone, Emilio; Crescente, Antonio; Brunelli, Elvira; Paolillo, Giuseppe; Tripepi, Sandro (2010). "Sightings and successful reproduction of allochthonous reptiles in Calabria". Acta Herpetologica 5 (2): 265–273. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  14. Bruno Masa, coord. (2008): Atlante della Biodiversità di Sicilia. Vertebrati terrestri. Volume 6. Palermo: ARPA Sicilia. ISBN 978-88-9581-302-8, pp. 334-336.
  15. El camaleón común (Chamaeleo chamaeleon) Arquivado 16 de novembro de 2019 en Wayback Machine. en lamanada.org (en castelán).
  16. Camaleón común (Chamaeleo chamaeleon) Arquivado 16 de novembro de 2019 en Wayback Machine. en fotonatura.org (en castelán).
  17. Díaz-Paniagua & Mateo 2015, p. 48.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar