Chad Channing
músico estadounidense
Chad Channing, nado o 31 de xaneiro de 1967 en Santa Rosa, California, Estados Unidos, foi o batería da banda de grunge Nirvana dende 1988 ata 1990, cando deixou o grupo por diferenzas creativas co resto dos membros. Foi substituído por Dave Grohl.
Chad Channing | |
---|---|
Data nacemento | 31 de xaneiro de 1967 (56 anos) |
Nado en | Santa Rosa, Estados Unidos |
Ocupación | batería, baixista, cantante e compositor de cancións |
Instrumento(s) | batería |
Relacionado con | Nirvana |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Channing posteriormente creou unha banda chamada Fireants e tamén tocou noutras bandas como The Methodists, East of the Equator e, máis recentemente, Redband. Na actualidade canta e toca o baixo en Before Cars.