Chángchūn

filme de 2022 dirixido por Jason Loftus

Chángchūn (en chinés: 长春) é un filme canadense de 2022 dirixido por Jason Loftus.[1] Baséase na animación do artista chinés Daxiong, e céntrase no secuestro de 2002 das estacións de televisión de Changchun por parte do movemento relixioso Falun Gong, e na represión da China contra os grupos étnicos e as minorías relixiosas.[1]

Chángchūn
Ficha técnica
Título orixinal长春
DirectorJason Loftus
ProdutorJason Loftus
Masha Loftus
Yvan Pinard
Kevin Koo
GuiónJason Loftus
IntérpretesDaxiong
MúsicaThomas William Hill
FotografíaJohn Minh Tran
MontaxeDavid Schmidt
EstudioLofty Sky Entertainment
EstreaTesalónica: 15 de marzo de 2022
Duración86 minutos
Orixe Canadá
XéneroDocumental e animación
Na rede
https://eternalspringfilm.com/
IMDB: tt20199286 Rottentomatoes: m/eternal_spring Allmovie: v733479 Metacritic: movie/eternal-spring Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse no Festival de Documentais de Tesalónica o 15 de marzo de 2022.[2] Posteriormente foi proxectada no Festival Internacional de Cinema Documental do Canadá Hot Docs de 2022, onde foi gañador dos premios ao filme máis popular do festival e do filme canadense máis popular.[3]

En agosto de 2022, o filme foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado. Foi o primeiro documental e o primeiro filme de animación presentado polo Canadá, e foi a cuarta vez dende 1971 que se seleccionou un filme noutra lingua que non fose o francés.[4]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar