Cetomímidos
(Redirección desde «Cetomimidae»)
Os Cetomímidos (Cetomimidae) son unha familia de peixs mariños teleósteos, incluída na orde Cetomimiformes.
Características
editarCarecen de aletas pélvicas. A pel é núa e sen escamas. A cor do corpo é marrón vivo ou laranxa, con tons brillantes de laranxa ou vermello nas mandíbulas e aletas.
Ollos moi pequenos ou vestixiais, boca enorme e sen fotóforos. Usualmente presentan un tecido cavernoso ó redor do ano e na base das aletas dorsal e anal.
Clasificación
editarDivídense en nove xéneros e 20 especies:
- Xénero Cetichthys (Paxton, 1989)
- Xénero Cetomimus (Goode e Bean, 1895)
- Xénero Cetostoma (Zugmayer, 1914)
- Xénero Danacetichthys (Paxton, 1989)
- Xénero Ditropichthys (Parr, 1934)
- Xénero Gyrinomimus (Parr, 1934)
- Xénero Notocetichthys (Balushkin, Fedorov e Paxton, 1989)
- Xénero Procetichthys (Paxton, 1989)
- Xénero Rhamphocetichthys (Paxton, 1989)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cetomímidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cetomímidos |