Abrir o menú principal

Cesáreo Rodrigo

relixioso español
(Redirixido desde "Cesáreo Rodrigo Rodríguez")

Cesáreo Rodrigo Rodríguez, nado en Coculina, no concello de Villadiego (provincia de Burgos) o 25 de febreiro de 1819 e finado en Ourense o 5 de xaneiro de 1895, foi un eclesiástico español, bispo da diocese de Ourense entre 1876 e 1895.

Cesáreo Rodrigo
Nacemento25 de febreiro de 1819
 Coculina
Falecemento5 de xaneiro de 1895
 Ourense
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Valladolid e Real Universidade de Toledo
Ocupaciónrelixioso
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou no seminario de Burgos, e licenciouse na Universidade de Valladolid en 1840. Foi beneficiado en Villahán e Villamayor de los Montes. En 1849 obtivo a cátedra de Lóxica e Metafísica no seminario de Burgos, e en 1852 a de Lugares Teolóxicos e Institucións.

 
Aires da miña terra, 2ª ed., 1881.

Doutorouse en Sagrada Teoloxía pola Universidade de Toledo, e foi nomeado vicerreitor do Seminario, Examinador sinodal e xuíz secretario da arquidiocese de Burgos. O cardeal Juan Ignacio Moreno y Maisanove nomeouno secretario e Canónico da catedral de Burgos, cargos que ocupou até que en 1863 Moreno foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Valladolid. Acompañou o cardeal Moreno nas súas viaxes a Roma, como secretario e como teólogo consultor, e axudouno no Concilio Vaticano Primeiro (1878). En 1862 fora nomeado camareiro do papa Pío IX.

Foi gobernador eclesiástico. O 23 de setembro de 1875 foi preconizado no Consistorio como bispo de Ourense, consagrado na Colexiata de San Isidro de Madrid o 6 de febreiro de 1876 polo cardeal Moreno. Tomou posesión do cargo o día 18 dese mes.

Durante a súa etapa como bispo de Ourense promoveu a construción do Colexio de Santa Tareixa de Xesús, a cargo das Irmás Carmelitas da Caridade. Amais impulsou o Seminario Conciliar de San Fernando, e impuxo diversas medidas para contrarrestar a decadencia do clero.

Denunciou o escritor Manuel Curros Enríquez pola publicación da obra Aires da miña terra, ao considerar que varios dos poemas atentaban contra os dogmas e relixión católica. No Boletín Eclesiástico do 28 de xuño de 1880 declaraba prohibida a lectura do libro por herexía e blasfemia[1][2].

Tivo como secretario a Juan Soldevilla Romero, a quen consagrou como bispo en 1889. Escribiu diversas obras teolóxicas e pastorais. Foi Cabaleiro Gran Cruz de Isabel a Católica, e Senador do Reino. En Ourense unha praza leva o seu nome.

NotasEditar

  1. "Boletín Eclesiástico del 28 de Junio de 1880", na BVG.
  2. "Escudo de Ourense: Obispo Cesáreo Rodrigo", artigo no blog Edificios de papel, 13 de agosto de 2014 (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar