Cervus elaphus corsicanus

Cervus elaphus corsicanus

Un cervo corso macho
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Xénero: Cervus
Especie: C. elaphus
Subespecie: corsicanus

Cervus elaphus corsicanus é unha subespecie do cervo común que habita unicamente nas illas de Córsega e Sardeña.

Características editar

Caracterízase por ter os cornos máis rectos que outras variedades do cervo vermello, e pola súa menor envergadura (80-100 centímetros). Porén ten un bradido moito máis potente có dos seus conxéneres. Pénsase que chegou ás illas nas que habita sobre o 1200 A.C., moito antes incluso có ser humano, tratándose do mamífero máis grande que habita nestas illas.

Poboación editar

A caza case rematou por completo con esta subespecie de cervo durante o século XX. Así no 1960 desapareceu do parque natural rexional de Córsega, que ocupa preto do 40% da illa. Grazas a un proxecto de conservación, foi reintroducido con éxito a partir de exemplares da poboación sarda, que daquela estaban en mínimos históricos. Así, nos anos 1985, 1987 e 1994 trasladáronse os primeiros 14 individuos dende Sardeña e criáronse en recintos de aclimatación. Tras varias reproducións satisfactorias, no 1998 puideronse liberar os primeiros 16 especímes, comezando un proceso progresivo ata superar os 300 individuos totais na illa de Córsega. Para evitar a endogamia, dentro dun proxecto LIFE, entre os anos 2012 e 2018 levouse a cabo o proxecto One Deer, Two Islands co traslado de 15 cervos máis dende Sardeña. Na actualidade tras trinta anos de traballo, a poboación de cervos en Córsega acada a cifra de 1500 exemplares. Namentres que hai preto de 10.000 exemplares en Sardeña.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar