Premio Carvalho Calero

premios de investigación lingüística e creación literaria en lingua galega

Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen foi un filólogo e escritor español, mestre de varias xeracións.

O seu primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela, por José Molares.

Orixe e contexto histórico editar

Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.

A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización e o concello de Ferrol.

Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran, o concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.

Premios editar

2016 De investigación lingüística ou ensaio Carlos Caetano Biscainho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua.
2014 De investigación lingüística ou ensaio Isaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza.
De creación literaria María Cristina Pavón Maviz, A busca da orixe perdida das especies.
2012 De investigación lingüística ou ensaio Luis García Soto, O labirinto da saudade.
2010 De investigación lingüística ou ensaio Manuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero
De creación literaria Premio deserto
2008
non houbo
2007 De investigación lingüística ou ensaio Premio deserto
De creación literaria Henrique Dacosta, Unha mada de relatos.
2006 De investigación lingüística ou ensaio Xosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social.
De creación literaria Paula San Vicente, Fío de contas.
2005 De investigación lingüística ou ensaio Miguel Louzao Outeiro, Letras da cal na produción poética galega dos 90.
De creación literaria Carlos Quiroga, Inxalá.
2004 De investigación lingüística ou ensaio Raquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga.
De creación literaria Paulino Pereiro, Habitar as illas.
2002 De creación literaria Félix Rodal, A cor do cabalo.
2002 De investigación lingüística ou ensaio Roberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo.
2001 De investigación lingüística ou ensaio Antonia López García, Se as aves insisten na ledicia . A obra de Bernardino Graña.
De creación literaria Rosa Aneiros,Corazóns amolecidos en salitre.
2000 De creación literaria Xosé Vázquez Pintor, Quen faga voar.
1998 De investigación lingüística ou ensaio Xosé Manuel Sánchez Rei, Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación.[1]
De creación literaria Carlos Quiroga, Periferias.
1996 De creación literaria Xesús Manuel Marcos, Terra queimada.
1994 De creación literaria Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas.
1991 De investigación lingüística ou ensaio José Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra.
1990 De creación literaria Xoán Ignacio Taibo, Informe bestiario.

Notas editar

  1. Posteriormente modificada e publicada baixo o título de Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar