Abrir o menú principal

Cerrado (ecosistema)

Árbore típica do cerrado.

O ecosistema Cerrado (ou Cerrado stricto sensu) aparece no bioma O Cerrado e noutras formacións vexetais do Brasil, xeralmente cando o solo é máis pobre que o circundante, no caso dos dominios da mata Atlántica e da Amazonia. O Cerrado brasileiro é extenso. Estímase que corresponde a unha superficie de 2 000 000 km².

CaracterísticasEditar

 
Vexetación do Cerrado sensu stricto.

Caracterízase pola presenza de árbores baixas, inclinadas e tortuosas, de tronco fino, con ramificións irregulares e retorcidas, xeralmente con evidencias de queimaduras, e presenza de gran cantidade de gramíneas no sotobosque.

O solo é un factor esencial da planta. Para que o vexetal poida crecer e desenvolverse adecuadamente é necesario que sexa eficiente na absorción e utilización dos minerais dispoñíbeis.

A eficiencia nutricional é a capacidade que unha planta ten de absorber e utilizar os nutrientes dispoñíbeis. Asumindo este concepto, as plantas con alta capacidade de absorción e utilización de nutrientes, conseguen ter maior produción primaria. Así, cando hai dificultade de obter eses nutrientes, por varios factores, as plantas reducen a súa eficiencia, e encóntranse con déficit nutricional.

O Cerrado está considerado como un mosaico de biomas,[1] e o solo, en xeral, clasificado como latosol, ácido e distrófico, presentando baixa concentración de nutrientes (nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, magnesio), ademais dunha alta saturación en aluminio.

A deficiencia nutricional é un factor que caracteriza bastante a vexetación dos biomas sabánicos do Cerrado. A baixa concentración de nutrientes e a alta concentración de aluminio no solo, contribúen á baixa produción de biomasa aérea das plantas (crecemento), causando o escleromorfismo da vexetación nativa e tamén influencia na baixa produción de follaxe ao longo do ano.[2]

Haridasan (2000) exemplificou iso, cando observou no Cerrado (bioma) unha produción de follaxe de apenas de 2 ou 3 mg h-1 ano 1, mentres que no Cerradão a produción era maior, chegando a 7,8 mg h-1 ano 1, e iso por que o Cerradão caracterízase por presentar un dosel continuo con árbores de gran porte (8 a 15 m). No Cerrado (bioma) hai predominio de gramíneas.

Principais factores que afecta á dispoñibilidade de nutrientesEditar

NotasEditar

  1. Coutinho, Leopoldo Magno (2006): "O conceito de bioma". Acta Bot. Bras. vol. 20, nº 1, pp. 13-26.
  2. Haridasan, M. (2000): "Nutrição Mineral de Plantas Nativas do Cerrado". Revista Brasileira de Fisiologia Vegetal, Brasília, DF, v. 12 nº1, pp. 54-64.
  3. Haridasan, Mundayatan (2008): "Nutritional adaptations of native plants of the cerrado biome in acid soils". Braz. J. Plant Physiol. vol. 20, nº3, pp. 183-195..

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Alvim, P. T, & Araújo, W. A. (1952): "El suelo como factor ecológoco en el desarrolo de la vegetación en el centro oeste del Brasil". Turrialba 2: 153-160.
  • Goodland, R. & Pollard, R. (1978): "Aluminium and nutrient strategies of cerrado trees". II Congresso Latino-Americano de Botânica. Resumes: 71-72.
  • Silveira, P. M.; Zimmermann, F. J. P.; Silva, S. C. da & Cunha, A. A. da (2000): "Amostragem e Variabilidade espacial de características químicas de um latossolo submetido a diferentes sistemas de preparo·. Pesquisa Agropecuária Brasileira, Brasília, v. 35, nº 10, pp. 2057-2064.

Outros artigosEditar