Cercamon, foi un dos primeiros trobadores en lingua occitana, activo entre 1135 e 1152. Nado na Gascuña, parece ser un bufón ou trobeiro que pasou a meirande parte da súa carreira na corte de Guillerme X, que destacou pola súa protección das artes. Foi o creador do planh (unha elexía de tipo provenzal), a primeira delas adicada precisamente a Guillerme X e que comezaba dicindo Lo plaing comenz iradamen. Tamén se lle considera creador do tenso (un tipo de regueifa, onde dous poetas altérnanse escribindo unha estrofa cada un).

Infotaula de personaCercamon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOccitan culture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntrobador , poeta , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1135 Editar o valor em Wikidata - 1152 Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica medieval (pt) Traducir e poesia trovadoresca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaOccitano antigo Editar o valor em Wikidata
Cercamon, miniatura nun cancioneiro do século XIII.

Descoñecese cal era o seu nome real, así como moitos detalles da súa biografía. Posto que Cercamon, en occitano medieval significa simplemente buscamundos.

A meirande parte da información que temos da súa vida son só rumores ou conxecturas: algúns dos seus contemporáneos aseguran que foi mestre do trobador e paisano seu Marcabrú, para outros foron compañeiros, acollidos e protexidos ambos na corte de Aquitania, en Poitiers, outros consideran que era Marcabrú o mestre de Cercamon. Tamén algúns indicios apuntan a que morreu nas Cruzadas, seguindo ao seu rei, Lois VII.

Consérvanse unhas 7 composicións súas, aínda que ningunha coa súa melodía. Porén, ningunha das pastorelas, as composicións que lle deron máis fama entre os seus contemporáneos, se conserva.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alfred Jeanroy (1966). Les Poésies de Cercamon. París: Libraire Honoré Champion.
  • Wolf, George e Rosenstein, Roy (1983). The Poetry of Cercamon and Jaufre Rudel. Londres: Garland Publishing, Inc.
  • Biographies des troubadours ed. J. Boutière, A.-H. Schutz (París: Nizet, 1964) pp. 9–13.

Ligazóns externas editar