Ceratium

Ceratium é tamén un nome sinónimo do xénero de orquídeas Eria.

Ceratium é un xénero de protistas dinoflaxelados[1] da orde Gonyaulacales[2], que presenta dous flaxelos heterocontos no sulco e no cíngulo. As placas da teca presentan prolongacións moi longas. As súas células son asimétricas, comprimidas dorsiventralmente, con placas grosas e ben visibles, a miúdo reticuladas, con procesos ou cornos, un anterior e 2 ou 3 posteriores; na parte media ventral localízase unha placa grosa e desenvolvida. Con cromatóforos discoideos e numerosos amarelos, marróns ou verdes[3]. Presenta cloroplastos e son de cor amarelo-marrón.[4] Son especies acuáticas xeralmente de augas salgadas, e unhas poucas de auga doce. Algunhas especies poden proliferar en grandes cantidades orixinando mareas vermellas, aínda que non son tóxicos, e outras son bioluminescentes.[4][5]

NotasEditar

  1. Hoek, Christiaan van den; D. G. Mann; H. Martin Jahns (1996). Algae: An Introduction to Phycology (1st ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-31687-3.
  2. Fensome RA, Taylor FJR, Norris G, Sarjeant WAS, Wharton DI, Williams GL. 1993. A classification of living and fossil dinoflagellates. Micropaleontology Special Publication, Vol. 7. Sheridan Press, Hanover, PA, USA.
  3. Kara Rogers. Fungi, Algae, and Protists. Google books. Páxina 190
  4. 4,0 4,1 John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Bd. 1, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-22-0, S. 670.
  5. Andreas Bresinsky, Christian Körner, Joachim W. Kadereit, Gunther Neuhaus, Uwe Sonnewald: Lehrbuch der Botanik. Begründet von Eduard Strasburger. 36. Auflage. Spektrum Akademischer Verlag, Heidelberg 2008, ISBN 978-3-8274-1455-7, S. 703.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar