Birollo

especie de molusco
(Redirección desde «Cerastoderma glaucum»)

O birollo ou berberecho azul (Cerastoderma glaucum, Bruguière 1789 [1]; antes Cardium glaucum e Cerastoderma lamarcki) é un molusco bivalvo da familia dos Cárdidos (Cardiidae), da orde Veneroida.

Berberecho azul ou birollo.

Morfoloxía editar

É semellante ó berberecho común (Cerastoderma edule) e pode confundirse con el. Ten unha cuncha sólida, forte, equivalva e inequilateral. Presenta un perfil ovalado coa marxe anterior dereita inclinada cara a atrás. Non supera os 6 cm de eixo maior.

Presenta 22-28 costelas radiais con pequenas espiñas seriadas; liñas de crecemento claramente visibles. Nas proximidades da marxe libre estas espiñas están reviradas cara a dentro. Na cara interior e ata preto do umbo, márcanse as canaladuras correspondentes ás costelas, especialmente na zona anterior e central mentres que desaparecen na posterior.

A cor é marrón clara amarelenta ou marrón escura. O periostraco é sucio. O interior é marrón clara aínda que tamén pode ser branca sucia ou ata azul morada.

Hábitat e bioloxía editar

É unha especie propia do Mar do Norte e do Mediterráneo. Vive na franxa intermareal, enterrado en fondos de area ou lama, soportando maiores descensos de salinidade que o berberecho común.

É unha especie comestible, pero non apreciada. Ten menos carne e de sabor algo lameiro.

Notas editar

  1. En ITIS mantense a atribución a Poiret, 1789.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar