Centro público integrado
centro de ensino
(Redirección desde «Centro Público Integrado»)
Un centro público integrado (CPI) é un tipo de centro educativo non universitario galego creado pola Consellería de Educación en 1999 polo Decreto 7/1999, de 7 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 1999).[1]

Ensinanzas que poden impartir os CPI Editar
Os centros públicos integrados poderán ser:[1]
- Centros nos que se imparta a educación básica na súa totalidade (educación primaria e educación secundaria obrigatoria).
- Centros nos que, ademais da educación básica na súa totalidade, se imparta tamén a educación infantil.
En todo caso, poderán impartirse tamén, de acordo coa súa norma de creación, outras ensinanzas de réxime xeral non universitario das establecidas na lei 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo. Ademais, nestes centros poderase impartir así mesmo a educación das persoas adultas, así como a combinación de ensinanzas de réxime xeral e especial, se así o determinase a administración educativa.[1]