Centro Jaguar Land Rover de Gaydon
Coordenadas: 52°11′30″N 1°29′17″O / 52.1916519, -1.4879194
O Centro Jaguar Land Rover de Gaydon é un dos principais centros de I+D da fabricante de pezas e modelos de automoción inglés Jaguar - Land Rover, emprazado en Gaydon (Warwickshire, Inglaterra). Nel lévanse a cabo proxectos de asistencia avanzada á condución, ADAS ou Infotainment e control de vehículos entre outros.
Contiguo ao centro de JLR está o Museo Británico do Automóbil.
Ampliacións en 2017
editarO 10 de marzo de 2017, Jaguar Land Rover Automotive anunciou unha ampliación do seu centro de Gaydon por valor de 200 millóns de libras.
A ampliación corre a cargo do do estudo de arquitectura Bennetts Associates e a compañía construtora Laing O’Rourke. O concepto propón un campus de traballo para os enxeñeiros e dous centros de deseño.[1]
Notas
editar- ↑ Centro Jaguar Land Rover de Gaydon Arquivado 01 de maio de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Success and failure in the UK car manufacturing industry. Parliament: House of Commons: Trade and Industry Committee. 2006-2007
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|