Centro Democrático Liberal
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2014) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Centro Democrático Liberal (CDL) foi un partido político centrista de ámbito español que se organizaba en Federacións, entre elas a galega, e que se disolveu en febreiro de 2014 para integrarse en Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía[1].
Centro Democrático Liberal | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 14 de marzo de 2009 1 |
Disolución | 22 de febreiro de 2014 2 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Liberalismo, socioliberalismo, reformismo, europeísmo, centro |
Outros datos | |
Na rede | |
www.cdliberal.org | |
1 Escisión de Centro Democrático y Social (CDS) 2 Integración en Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) | |
Historia
editarNo seu XI Congreso Nacional, celebrado en novembro de 2005, o Centro Democrático y Social, fundado por Adolfo Suárez en 1982 trala disolución da UCD, decidiu integrarse no Partido Popular. Un sector do CDS, descontento con esta decisión, decidiu o 14 de febreiro de 2006 constituír un novo partido de corte centrista.[2]
É un partido federalista, con militantes en toda España. O seu Presidente Fundador foi Víctor Manuel Sarto Lorén. Contaba cuns 40 militantes e 5 concelleiros trala celebración do seu I Congreso Nacional, o 21 de maio de 2006. O seu primeiro reto foron as eleccións municipais e autonómicas de España do 2007, nas que obtivo 39 concelleiros e 5 alcaldes, sendo a terceira forza política en cargos electos na circunscrición de Cuenca.[3]
En marzo de 2007, membros adscritos á Secretaría de Xuventude do CDL fundan a asociación xuvenil Jóvenes de Centro e no mes de Santiago, o Partido Europeo Liberal de España intégrase nestas ringleiras e acordan fortalecer todos xuntos a CDL como o referente español dos liberais demócratas europeos, tramitando así a entrada do Centro Democrático Liberal no ELDR.
No seu II Congreso Nacional, celebrado en Madrid os días 19 e 20 de xaneiro de 2008, resultou elixido con tódolos votos menos un, o novo líder dos liberais demócratas españois, Manuel Alonso. O novo Presidente fora deputado centrista por Madrid na IV Lexislatura e Secretario Xeral do Comité Executivo Nacional do CDS presidido por Adolfo Suárez.
Tralas eleccións europeas de 2009 o partido decidiu afrontar o seu III Congreso Nacional, no que saíu elixido Sean O'Curneen Cañas como Presidente Nacional, quen fora artífice da entrada do CDL no ELDR o 16 de abril de 2009.
Galicia, os inicios
editarO CDL de Galicia formouse con motivo das Eleccións municipais de 2007 por un pequeno grupo de persoas da área metropolitana de Vigo que decidiu presentarse o 27 de maio baixo as devanditas siglas. A persoa que aglutinou o proxecto foi Xosé Manuel Palacín. Dous meses despois dos comicios Palacín foi nomeado Presidente Federal por unanimidade. Porén, graves problemas persoais levárono á renuncia en marzo de 2008. Dende aquela, e durante case un ano, o CDL de Galicia quedou descabezado e desfíxose irremisiblemente.
Froito do descabezamento foi o principio de colaboración que o lucense Ignacio Expósito, exsecretario Xeral, asinou con TEGA nas Autonómicas de 2009 coa inclusión dun membro do CDL por lista circunscricional[4].
No entanto, o 14 de marzo de 2009, trala I Convención Nacional celebrada en Madrid, Xosé Manuel Palacín foi elixido novamente, esta vez como Portavoz para dirixir o futuro do partido Liberal Demócrata. O Secretario Portavoz foi Javier Vázquez Refojos, estudante de Historia e Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.
O seu primeiro labor foi comezar a organizar o partido na provincia de Pontevedra, que multiplicou por cinco deseguido a súa afiliación[Cómpre referencia]. O 9 de agosto de 2009 celebrouse a I Asemblea do CDL Pontevedra na que saíu elixido como Presidente Provincial Luís Manuel Fraga. Na provincia da Coruña o portavoz nomeado é Tomás Revuelta. As outras dúas provincias quedaron vacantes ata a incorporación de Pedro Santos por Ourense e Ignacio Expósito por Lugo a finais dese ano.
A comezos do mes de maio de 2010 CDL Galicia integra o partido Colectivo Ciudadanos Unidos (CCU).
I Congreso Federal, Xosé Manuel Palacín Presidente
editarO 19 de xuño do 2010 celébrase en Vigo o I Congreso Federal do CDL Galicia. O único candidato á presidencia do partido en Galicia é Xosé Manuel Palacín. Ó Congreso asisten varios representantes do partido a nivel nacional, o presidente envía unha mensaxe a través dun vídeo. Debátese e apróbase o modelo de artellamento do partido en Galicia e vótase a elección do Presidente Federal no que Palacín sae elixido coa súa candidatura.
Primeiras "portavocías" e xestoras locais de Galicia: A Guarda e Vigo
editarO 17 de outubro e coincidindo coa visita a Galicia de Gemma Sambruno, Secretaria de Relacións Internacionais do CDL, o partido organizou na Guarda a Constitución da primeira "Vocería Local Oficial" que recaeu en Xermán Cordero.
O 18 de decembro constituíase a I Xestora Local Oficial de Galicia en Vigo. Ó acto achegouse todo o Comité Executivo Nacional e foi elixida para a súa dirección María José García.
Eleccións municipais 2011 en Galicia
editarProvincia da Coruña
editarNon obtivo concelleiros.
Provincia de Lugo
editarObtivo un concelleiro no Incio (10,75% dos votos) e outro en Láncara, Carlos Fdez Díaz "Meilán" (co 9,72%; superando en votos ao BNG). Presentou candidaturas en Sarria (0,97%) e en Samos (6,80% dos votos).
Provincia de Ourense
editarNon presentou ningunha candidatura.
Provincia de Pontevedra
editarConverteuse nun partido con forza no Val Miñor e no Baixo Miño. Obtivo 2 escanos en Gondomar, Natalia Salgueiro e Ignacio Troncoso (co 9,66% dos votos), 1 concelleiro en Tomiño, José Antonio Souto (6,19%) e outro representante en Nigrán, Antonio Fdez Comesaña (aquí presentouse en coalición coa Unión Centrista de Nigrán e obtivo o 6,04% dos apoios).
Non obtivo representación en Vigo (0,22%). O candidato foi Alberto Martínez, o máis novo de España (19 anos).
Municipais 2011 en España
editarObtivo un total de 54 concelleiros e catro alcaldías. Tivo os seus principais puntos fortes na provincia de Alacant con 13 escanos, na provincia de Palencia con tres alcaldías (Buenavista de Baldavia, Lagartos e Santervás de la Vega) e na provincia de Valladolid, coa alcaldía de Bolaños del Campo. O concello de España onde máis porcentaxe de votos obtivo foi na palentina Santervás de la Vega co 64,97% dos votos e cinco escanos dos sete en total que se repartían.
Novas Xestoras e Integración de Independentes de Portomarín, xuño 2011 a finais de 2012
editarÓ longo dese medio ano tralas municipais foron artellándose as xestoras de Tomiño e Gondomar presididas por José Antonio Souto e Natalia Salgueiro. No Nadal de 2011 nomeouse a nova voceira por Lugo, a lancaresa Mónica Sánchez e nesas datas comezou a negociación co grupo dos Independentes de Portomarín capitaneados por Roberto Rodríguez. A integración fíxose efectiva o día 31 de marzo, ó igual que a constitución da xestora de Láncara con Carlos Meilán como presidente.
Autonómicas 2012
editarPara as autonomicas galegas de outubro de 2012 o partido elixe como candidato ao propio Presidente, José Palacín. Obtén 1554 votos, multiplicando por oito a última referencia de sufraxios, as Europeas 2009. A raíz disto o CDL Galicia crea o Consello Municipal Liberal ao que se engaden catro concelleiros independentes e se crea o comité local do CDL Ourense cidade.
Marcha de Palacín e incorporación en C´s de Albert Rivera
editarCando o partido estaba na súa máxima expansión en Galicia chegou o 4º Congreso Nacional celebrado en outubro de 2012 en Madrid e o cal supuxo o rexeitamento das teses federalistas da federación galega.
A mediados do ano seguinte remataba o mandato de José Palacín quen anunciou que non se ía presentar no seguinte congreso galego. Sen o seu líder, o CDL de Galicia quedou desartellado e en franca descomposición.
Finalmente ó ano seguinte (2014) CDL integrouse a C´s (partido de Albert Rivera), así e todo ninguén en Galicia subscribiu o dito pacto.
Notas
editar- ↑ "Minuto Digital, 22 de febreiro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 09 de marzo de 2014.
- ↑ [1] Arquivado 21 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Rexistro de partidos políticos.
- ↑ [2] Arquivado 11 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Resultados provisionais da eleccións do 2007.
- ↑ "El Centro Democrático Liberal piensa en su candidato José Táboas para las municipales". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-02-11. Consultado o 2018-06-30.