Centro Cultural Torrente Ballester
O Centro Torrente Ballester é un centro cultural ferrolán, creado en 1993 no antigo Hospital do Hospicio de Ferrol na rúa Concepción Arenal. Leva o nome do famoso escritor local Gonzálo Torrente Ballester. Trátase dun centro multidisciplinar de mostra de arte contemporánea. Nel realízanse numerosas exposicións que teñen que ver co cinema, a pintura, a arquitectura e outras disciplinas da arte e pretenden atraer a Ferrol ós amantes da cultura. Son de especial interese as obras e espectáculos de pequena escala que se realizan na súa capela frecuentemente.
Centro Cultural Torrente Ballester | |
---|---|
Coordenadas | 43°29′07″N 8°14′08″O / 43.485219364212, -8.2354760565968 |
[ editar datos en Wikidata ] |
É de propiedade municipal e dende hai uns anos cabe a posibilidade de celebrar as vodas civís alí, ademais de no Concello.
Historia
editarNo século XVIII, nun marco de toma de conciencia social das necesidades sanitarias, erixiuse na localización do ruinoso Hospital de Peregrinos da Idade Media, o Hospital de Caridade. O inmoble tivo como fundador a Dionisio Sánchez Aguilera. Este ilustre enxeñeiro militar, co obxectivo de obter o financiamento que precisaba para o hospital, creou en 1780 a Congregación da Caridade , da que foi Irmán Maior ata a súa morte.[1]
O edificio foi deseñado polo propio fundador e comezou a construírse o 29 de xuño de 1783. A estrutura da edificación consiste nunha planta cadrada, con dous andares e un patio central. Con todo, non sería ata o ano 1792 cando, a raíz das obras de ampliación, se levantaría ó seu carón a capela da Virxe da Boa Viaxe.[2] Esta pequena igrexa posúe unha planta de cruz latina de factura moi sinxela e unha fachada neoclásica.
Notas
editar- ↑ dbe.rah.es (ed.). "Dionisio Sánchez Aguilera" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2020.
- ↑ descubreferrol.es (ed.). "Descubre Ferrol". Consultado o 19 de marzo de 2020.