Centro Arqueolóxico do Barbanza

museo arqueolóxico en Cespón, Boiro

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

Centro Arqueolóxico do Barbanza
Tipomuseo arqueolóxico, centro de interpretación e museographic collection
Data de fundación2002
Localización
EnderezoCastro de Neixón. Nine, s/n. Cespón
EnBoiro
PaísGalicia
42°39′59″N 8°50′36″O / 42.666415, -8.843448
Na rede
http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org
BNE: XX4878117
editar datos en Wikidata ]

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar