Centro é un distrito da cidade española de Madrid. Ten unha superficie de 5,23 km² e conta con 149.718 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCentro, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°24′55″N 3°42′27″O / 40.415347, -3.707371
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Cortes (pt) Traducir
Embajadores (pt) Traducir
Justicia (pt) Traducir
Palacio (pt) Traducir
Sol (pt) Traducir
Universidad (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación131.928 (2017) Editar o valor en Wikidata (25.233,92 hab./km²)
Xeografía
Superficie5,2282 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude673 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoQ56164302 Traducir Editar o valor en Wikidata
• Q56164336 Traducir Editar o valor en WikidataJorge García Castaño (2015–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmunimadrid.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460981

Historia

editar

O distrito Centro de Madrid é a zona máis antiga da cidade. A primeira constancia da existencia dun asentamento estable data da época musulmá. Na segunda metade do século IX, o emir de Córdoba Muhammad I (852–886) construíu unha fortaleza nun promontorio xunto ao río, no lugar que hoxe ocupa o Palacio Real, co propósito de vixiar os pasos da serra de Guadarrama e ser punto de partida de razzias contra os reinos cristiáns do norte; actualmente aínda se conservan algúns restos da muralla. Xunto á fortaleza desenvolveuse ao leste un pequeno arrabalde, que recibiu o nome de Maǧrīṭ ou Magerit. A excepción da muralla poucos edificios se conservan desta época.

A cidade pasou a mans cristiás en 1085, prosperando ata que en 1123 recibiu o título de vila. Filipe II decidiu instalar a corte en Madrid en 1561. Este feito foi decisivo para a evolución da cidade. A partir desta época construíuse gran parte dos edificios e monumentos máis antigos e que están situados no chamado Madrid dos Austrias que hoxe en día pertence a este distrito.

Coa chegada da ilustración a cidade superou os límites do actual distrito Centro; non obstante, a maioría dos novos monumentos seguiron construíndose nel. Foi o caso do Palacio Real ou a fonte de Cibeles. Os Borbóns, especialmente Carlos III, tiveron a fixación de converter Madrid nunha cidade á altura das novas vilas europeas, tomándose como modelo París. Así, fixeron grandes investimentos en infraestruturas, especialmente sumidoiros e edificios públicos.

Os séculos XIX e XX, coa chegada das democracias, a cidade seguiu crecendo. Co reinado de Isabel II construíuse o edificio do Congreso de Deputados, nas proximidades da Porta do Sol.

O distrito Centro aloxa o edificio do goberno da Comunidade de Madrid, na Porta do Sol. Ata o ano 2007, no distrito tamén se localizaba o edificio do concello de Madrid na praza de la Villa. Actualmente sitúase no distrito de Retiro.

Demografía e división administrativa

editar
 
División en barrios do distrito Centro
 
Vista parcial do distrito dende o Círculo de Belas Artes.

Límites do distrito

editar

O distrito ten unha superficie de 523,73 ha e está delimitado en gran parte polas chamadas Rondas, ou primeiro anel.

Polo tanto o límite discorre polas roldas de Segovia, Toledo, Valencia e Atocha polo sur, cos distritos de Arganzuela e Latina; ao leste polo Paseo do Prado e de Recoletos ata a praza de Colón, lindando cos distritos de Retiro e Salamanca; polo norte polas rúas Génova, Sagasta, Carranza e Alberto Aguilera, co distrito de Chamberí e polo oeste polas rúas Princesa, Cuesta de San Vicente e Paseo de la Virgen del Puerto, co distrito de Moncloa-Aravaca.

 
Fachada da Casa de la Carnicería, sede da Xunta Municipal do Distrito Centro.

Poboación

editar

A poboación alcanza os 149 718 habitantes, dos que 42.868 son inmigrantes, o que supón un 28,63 % do total. Por barrios, os máis poboados son Embajadores con 51 527 habitantes e Universidad y Palacio, con 35 349 e 24 811 respectivamente (censo 2006).

O distrito acolle 63 622 hogares.

Barrios

editar

Este distrito está dividido en seis barrios:

Rañaceos

editar

O distrito Centro caracterízase por ter edificios de entre catro e seis andares, mais contén tres dos rañaceos máis antigos de España: o Edificio Telefónica, o edificio España e a Torre de Madrid.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar