Central térmica das Pontes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
A central térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.
Central térmica das Pontes | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Central térmica |
Localización | As Pontes de García Rodríguez |
Coordenadas | 43°26′26″N 7°51′45″O / 43.44055556, -7.8625 |
Propietario | Endesa |
Construción | |
Inicio | 1972 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.
O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almacenamento é de 250.000 toneladas.
A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.
A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, do vertedoiro, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.
Datos técnicos
editarXerador de vapor
editar- Fabricante: Foster Wheeler Corporation
- Circulación natural, tipo torre
- Combustión tanxencial
- Produción de vapor: 1.091 TM/h
- Presión do calderín: 183 kg/cm²
- Temperatura vapor sobrequentado: 540 °C
- Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm²
- Temperatura vapor requentado: 540 °C
Turbina
editar- Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries
- Potencia: 350 MW
- Velocidade: 3000 r.p.m.
- Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm²
- Presión de escape: 0,069 kg/cm²
- Temperatura vapor sobrequentado: 538 °C
- Temperatura vapor requentado: 538 °C
Alternador
editar- Fabricante: Westinghouse
- Potencia nominal: 369 MVA
- Potencia activa nominal: 350 MW
- Intensidade nominal: 11.836 A
- Tensión nominal: 18 kV
- Factor de potencia: 0,95
- Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm²
- Excitatriz: tipo brushless
Galería de imaxes
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Central térmica das Pontes |