Central nuclear de Ascó

Coordenadas: 41°12′00″N 0°34′10″L / 41.2, 0.56944444

A Central nuclear de Ascó é unha central nuclear española situada no concello catalán de Ascó, na provincia de Tarragona, na marxe dereita do río Ebro.

Central nuclear de Ascó

Está formada por dous reactores, I e II, de auga a presión (PWR): un de 1032,5 MWe, e outro de 1027,2 MWe. O seu sistema de refrixeración consta dunha torre de tiro natural, dúas baterías de tiro forzado e do propio río Ebro.

O primeiro reactor empezou a operar en decembro de 1984 e o segundo en marzo de 1986.

A central nuclear de Ascó, xunto coa de Vandellòs, está xestionada pola Asociación Nuclear Ascó-Vandellòs, que está participada por Endesa e Iberdrola.[1]

Notas editar

  1. "ANAV: Datos técnicos.". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 02 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar