Central Coast Stadium

Coordenadas: 33°25′42″S 151°20′17″L / -33.428333, 151.338056

O Central Coast Stadium, coñecido como Bluetongue Stadium por razóns de patrocinio por parte da cervexeira Bluetongue, é un estadio multiúsos de Gosford, na Costa Central de Nova Gales do Sur, Australia. O estadio foi inaugurado en febreiro de 2000 e é a sede do Central Coast Mariners, que xoga na A-League. O estadio tamén alberga partidos de rugby union, rugby a 13 e outros eventos sociais importantes.

Central Coast Stadium
Datos
LocalizaciónGosford, Nova Gales do Sur Australia Australia
Construción
Inauguración2000
Estadio
Dimensións133 x 82
Capacidade20.059
PropietarioConcello de Gosford
LocalíaCentral Coast Mariners (A-League) (2005–presente)
Northern Eagles (NRL) (2000 - 2002)
Central Coast Rays (ARC) (2007)

Deseñado orixinalmente para ser o estadio do North Sydney Bears de rugby, o estadio é rectangular e é infrecuente xa que só hai tres tribunas de asentos, xa que o extremo sur está aberto dando vistas ao estuario Brisbane Water a través dunha fileira de palmeiras. Cunha capacidade de 20.059 prazas sentadas desde 2012, o estadio é o segundo máis pequeno da A-League. Atópase a pouca distancia do centro de Gosford e da estación de ferrocarril.