Celia Torrá

compositora arxentina

Celia Tomasa Torrá, nada en Concepción del Uruguay, Entre Ríos, Arxentina o 18 de setembro de 1884 e finada en Buenos Aires, Arxentina o 16 de decembro de 1962, foi unha violinista, pianista, compositora, concertista, docente, directora de orquestras e coros arxentina, e a primeira muller en usar a batuta no Teatro Colón.[1][2]

Celia Torrá
Nacemento1884 e 18 de setembro de 1884
Falecemento16 de decembro de 1962, 1962 e 6 de decembro de 1962
Lugar de falecementoBuenos Aires
Alma máterConservatorio Real de Bruxelas e Academia Franz Liszt
Ocupacióncompositora e classical violinist
Na rede
IMSLP: Category:Torrá,_Celia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación editar

A súa formación pedagóxica iniciou cando con tan só catro anos o seu pai comezou a darlle clases de violín. Logo, de moza, viaxou a Paraná para continuar os seus estudos, mais permaneceu alí durante un breve tempo xa que o seu próximo destino foi Buenos Aires.[3]

Con tan só 18 anos comezou a estudar cos músicos máis destacados: piano co compositor Alberto Williams, violín con América Montenegro e composición con Andrés Gaos. A vida para unha muller provinciana, naqueles tempos, non era fácil. Con todo, aquilo non foi un obstáculo insalvábel e en 1909 obtivo unha bolsa da Comisión Nacional de Belas Artes co Gran Premio Europa que lle permitiu viaxar a Europa para continuar a súa formación musical. Radicouse en Bruxelas onde puido perfeccionarse con Cesar Thompson e logo en Hungría con Jeno Hubay e Zoltan Kodaly.[1]

Carreira profesional editar

En 1914, coa primeira guerra mundial en curso, a tesitura obrigouna a quedar en Europa e estabelecerse en Lión, Francia.[3] A pesar diso, non apagou a súa música e decidiu dar concertos de violín ás vítimas en beneficio da Cruz Vermella.[1]

Cinco anos máis tarde, coa guerra finalizada, Celia, decide volver á súa patria. Visitou o seu terruño natal e realizou un concerto de violín para a misa dominical na Igrexa da Inmaculada Concepción. A partir dese evento, promoveu a creación dunha comisión para recadar fondos para a compra dun órgano musical. Asumiu a responsabilidade daquel proxecto e contou co apoio do párroco por entón, o presbítero Andrés Zaninetti.[4]

No mesmo ano, o Goberno de Entre Ríos outorgoulle unha bolsa que lle permitiu seguir coa súa formación pedagóxica en Europa. Foi mediante a lei 2.600 que, no seu artigo 1.º di: “Créase unha bolsa de cento trinta pesos ouro selado mensuais a favor da señorita Celia Torrá polo tempo de dous anos co fin de que poida continuar en Europa os seus estudos de composición musical “e o artigo 2.º estipula: “este gasto incluirase nos Orzamentos de 1920 e 1921 con imputación á presente lei”.[4]

É en 1920 cando se estabelece en París para estudar na Schola Cantorum con Paul Le Flem e Vincent d'Indy.[1] Con todo, ao ano seguinte, decide volver ao seu país e é entón cando traballou pola difusión musical no norte arxentino a petición do Goberno Nacional a cargo de Hipólito Yrigoyen. A pesar de ter unha traxectoria consolidada, continuou os seus estudos de composición baixo a guía de Athos Palma en Buenos Aires.

En 1930 fundou e dirixiu a Asociación Coral Arxentina, organismo que en 1938 se fusionou coa Asociación Sinfónica Feminina. Ambas as institucións brindaron máis de 200 concertos que converteron a Celia nunha directora de orquestra excepcional. O seu traballo serviu para profesionalizar as mulleres instrumentistas nunha época de difícil acceso ao coñecemento musical.[4]

En 1934 compuxo Sonata para piano, dándolle ao corpus musical arxentino unha das mellores sonatas do seu tipo do noso repertorio e dedicoulla ao seu mestre, Athos Palma.[1][4] Tan só tres anos máis tarde, crea a Suite Incaica, peza pola que é recoñecida no ámbtio nacional.[1]

Tamén desempeñou a docencia, xa que foi mestra de música no xardín de infancia Mitre da Cidade de Buenos Aires. En 1952 fundou e dirixiu o primeiro coro de obreiros da Arxentina: o da fábrica Philips. Alí estivo á fronte até o seu falecemento.

Morreu de cancro despois de moitos anos de telo diagnosticado, o 16 de decembro de 1962, aos 78 anos en Buenos Aires.[3]

Recoñecementos editar

En 1949 obtivo un gran recoñecemento: foi elixida para dirixir fragmentos da súa propia Suite Incaica no escenario do Teatro Colón xunto con Alberto Williams, Felipe Boero, Gilardo Gilardi. Naquel evento, estivo ao mando da batuta dunha das orquestras máis prestixiosas de toda a Arxentina. Foi así, como se converteu na primeira muller en subir ao podio do gran Teatro.

Por iniciativa da arpista Marcela Méndez, en 1992, recompiláronse sinaturas do ambiente musical arxentino, denominándose, a través do Decreto Nº 11.827 para que o Departamento Executivo Municipal de Concepción do Uruguai, bautice baixo o nome Celia Torrá a Escola Superior de Música, que a inicios do século XXI forma parte da Carreira de Música da Universidade Autónoma de Entre Ríos (UADER).

Premios editar

Aos 27 anos, en 1911, Celia Torrá obtén en Europa o Primeiro Premio coa máis alta distinción e a metade do Premio “Van Half”. Logo, dous anos máis tarde recibe, en Hungría, o Virtuoso do Violín. En 1930, a Asociación Coral Arxentina foi premiada pola Municipalidade por tres obras: Cantar de Arriero, Vida Vidita e Milonga del destino. Ao ano seguinte, recibe o Premio da APO pola recente composición de Rapsodia Entrerriana. Finalmente, é en 1938 cando recibe o Premio do II Salón Anual de Composición pola Suite Incaica, ademais de obter unha mención pola Sonata en la menor para piano.[1][2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Celia Torrá, la mujer que un siglo atrás se hizo escuchar entre hombres". cultura.gob.ar. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Méndez (2001).
  3. 3,0 3,1 3,2 Redacción (16 de novembro de 2019). "Celia Torrá: la violinista que rompió barreras". miradorprovincial.com (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Méndez, Marcela (18 de setembro de 2019). "El 18 de setiembre de 1884 nace una música uruguayense notable: Celia Torrá". laciudadrevista.com (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  5. Dezillio (2017).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Torrá, Celia (2017). Dezilio, Romina (compiladora), ed. Sonata para piano en La (PDF) (en castelán). Bos Aires: EDAMus - Editorial del Departamento de Artes Musicales. ISBN 978-987-46224-4-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021. Consultado o 05 de febreiro de 2021. 
  • Méndez, Marcela (2001). Celia Torrá. Ensayo sobre su vida y su obra en su tiempo (en castelán). Paraná: Editorial de Entre Ríos.