Celia Pereira

avogada e profesora galega

Celia Pereira Porto, nada en Rotterdam o 20 de decembro de 1971,[1] é unha avogada e profesora galega.

Infotaula de personaCelia Pereira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Rotterdam, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , profesora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 188444
Celia Pereira recollendo, como presidenta da Fundación Vicente Risco, unha camiseta conmemorativa da UD Ourense.

Traxectoria editar

Licenciada en Dereito con Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Doutora en Dereito pola Universidade da Coruña (2000). Foi profesora de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña até 2005. Desde esa data exerce como avogada laboralista. É presidenta da Fundación Vicente Risco e membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Foi editora da tradución ao galego e prologuista de O meu pecado mortal. O voto feminino mais eu, de Clara Campoamor.[2] En 2021 foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega[3].

Obras editar

  • A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español (1997).
  • A discriminación de xénero na negociación colectiva. Vellas inercias e novos retos para a igualdade (2005).
  • "Concepción Arenal e Clara Campoamor. Exemplos anticipados de sonoridade" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 154-159.

Notas editar

  1. "Curriculum" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021. Consultado o 08 de novembro de 2020. 
  2. Encontro con Celia Pereira Porto e Clara Campoamor
  3. "O pleno da Real Academia Galega elixe a Gonzalo Navaza académico de número". Real Academia Galega. 23 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar