Celestina Penabad

Celestina Penabad García, nada o 2 de agosto de 1907 no Burgo (Muras)[1] e finada o 13 de setembro de 2018, foi unha labrega e supercentenaria galega que en decembro de 2017 se converteu na persoa máis vella de Galicia.

Infotaula de personaCelestina Penabad
Biografía
Nacemento(es) Celestina Penabad García Editar o valor em Wikidata
2 de agosto de 1907 Editar o valor em Wikidata
Muras, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (111 anos)
Roupar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Celestina Penabad García foi unha labrega galega. Logo de casar mudouse a vivir a Roupar (Xermade)[2], e nos últimos anos trasladouse á cidade da Coruña, onde vive cunha das súas fillas se ben seguía a pasar as vacacións en Roupar[1].

Logo do pasamento de Avelina Mouzo nos últimos días de 2017, Celestina Penabad converteuse na galega viva máis vella e, ademais, na única persoa supercentenaria, é dicir, a única que daquela superaba os 110 anos, en toda a comunidade de Galicia. Ó falecer quedoulle a remuda de supercentenaria e "avoa de Galicia" a Concepción Pichel Sampayo[3].

Vida persoal editar

Casou con Antonio Pardo, que foi alcalde de Xermade durante uns meses durante a Segunda República[4]. Tivo dúas fillas, Teresa e Olga.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Con 111 años, a la peluquería y de cafés". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-03. Consultado o 2018-08-03. 
  2. Lugo, El Progreso de. "Once décadas con salud". El Progreso de Lugo (en inglés). Consultado o 2018-01-02. 
  3. La Voz de Galicia, 16 de setembro de 2018, páxina L9
  4. "De veraneo en Terra Chá con 109 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-03. Consultado o 2018-01-02.