Cefprozil

composto químico

Cefprozil é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración das cefalosporinas. Foi comercializado baixo o nome de Cefzil.

Cefprozil
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Espectro de acción editar

Cefprozil posúe actividade fronte a bacterias grampositivas (Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes) e gramnegativas (Haemophilus influenzae e Moraxella catarrhalis). Tamén ten actividade in-vitro (pero non foi avaliada a efectividade clínica) fronte a Enterococcus durans, Enterococcus faecalis, Listeria monocytogenes, Staphylococcus epidermidis, Staphylococcus saprophyticus, Staphylococcus warneri, Streptococcus agalactiae, Streptococcus grupo viridans, Citrobacter diversus, Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae, Neisseria gonorrhoeae, Proteus mirabilis, Salmonella spp., Shigella spp., Vibrio spp., Prevotella melaninogenicus, Clostridium difficile, Clostridium perfringens, Fusobacterium spp., Peptostreptococcus spp. e Propionibacterium spp.. En cambio, a maioría das cepas de Bacteroides fragilis son resistentes[1].

Dosificación editar

A dose depende da indicación clínica pero oscila entre 250 e 500 miligramos cada 12 ou 24 horas, soamente por vía oral. A dose debe ser reducida en insuficiencia renal con filtrado menor de 30.

Indicacións clínicas editar

Cefprozil non está comercializado en España. En Estados Unidos, está aprobada para a farinxite, otite media, sinusite aguda, infección respiratoria e a infección de pel e partes brandas non complicada1.

Embarazo e lactación editar

Cefprozil pertence á categoría B da FDA. Excrétase en pequenas cantidades no leite materno e descoñécese o seu efecto sobre o lactante, polo que se recomenda precaución no seu uso1.

Notas editar

  1. "Ficha técnica de "cefprozil" da FDA" (PDF) (en inglés). Marzo 2007. Consultado o 15 setembro 2018.