Ceferino Barbazán Montes

empresario e xornalista galego

Ceferino Barbazán Montes, nado en Vigo o 1 de maio de 1890 e finado en Nova York en setembro de 1984, foi un empresario, xornalista e político galego.

Infotaula de personaCeferino Barbazán Montes
Biografía
Nacemento1 de maio de 1890 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , xornalista Editar o valor em Wikidata


Traxectoria

editar

Fillo de Ceferino Barbazán, militar retirado en Vigo, e María Francisca Montes. Emigrou aos Estados Unidos de América en 1920 e instalouse en Nova York. Foi xerente do departamento de crédito do Hotel Ritz Carlton,[1] e empresario dedicado á importación de froitas. En xuño de 1934 recibiu e acompañou ao coro galego Anaquiños da Terra de Madrid na súa xira polos Estados Unidos.[2] En xullo dese ano chegou a Vigo para facer negocios en España,[3] e visitou Almería para coñecer o negocio da laranxa.[4] Presidente de The Spanish Newspaper Corporation, dirixiu o periódico La Voz aparecido en agosto de 1937 vinculado á Fronte Popular Antifascista Galega, onde se publicaron varios artigos de Castelao.

Vida persoal

editar

Casou con Obdulia Sandoval e foi pai de Gloria Barbazán Sandoval, nacida en 1925.

  1. Vida Gallega, 20-10-1927 , p. 28.
  2. El Eco de Santiago, 4-6-1934, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego 5-7-1934, p. 10.
  4. Heraldo de Almería, 2-11-1934, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar