Cefamandol

composto químico

Cefamandol é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Deixou de comercializarse xa nalgúns países coma Estados Unidos[1] e España.

Cefamandol
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A fórmula farmacéutica é un sal de cefamandol denominado cefamandol-Nafate, que se transforma en cefamanadol por mor da estearasa plasmática[2]

Espectro de acción editar

Cefamandol ten actividade fronte a bacterias grampositivas: Staphylococcus aureus, Streptococcus pyogenes e Streptococcus pneumoniae. Porén, non ten actividade fronte a Enterococcus. Tamén é activo fronte a Proteus mirabilis, Escherichia coli e Klebsiella pneumoniae. Son resistentes Enterobacter e Serratia marcescens[3].

Dosificación editar

Soamente existe formulación parenteral.

Embarazo e lactación editar

Non hai recomendación sólidas acerca deste aspecto.

Notas editar

  1. "Rexistro de "cefamandol" na FDA" (en inglés). Consultado o 14 setembro 2018. 
  2. "Ficha de cefamandol en PubChem". Consultado o 14 setembro 2018. 
  3. Gerald P Bodey (Marzo de 1976). "In Vitro Studies of Cefamandole". Antimicrob Agents Chemother (en inglés). Consultado o 14 setembro 2018.