Cedro foi unha familia de foguetes espaciais líbaneses desenvolvidos ao principios dos anos 1960, ao principio de forma afeccionada e posteriormente co apoio do exército do país.[1][2]

Historia editar

A orixe dos foguetes Cedro está na fundación por parte do profesor armenio-libanés Manoug Manougian dun club de foguetería na Universidade Haigazian en novembro de 1960. Manougian viña de obter un grao en física e matemáticas pola Universidade de Texas, volvendo ao Líbano para exercer de profesor na universidade.[3][4][5][6]

Afeccionado á foguetería, Manougian atopou que o club de foguetes comezou a ter popularidade, proporcionando algúns materiais básicos aos estudantes para comezar con probas rudimentarias e mellorando mediante o sistema de proba e erro. En abril de 1961 o club construíu un foguete que chegou aos 1000 m de altura, co seguinte chegando aos 2000 m. Nese punto o grupo atrouxo a atención dos militares, quen lles ofreceron os servizos do tenente Ioussef Wehebe, especializado en balística, e poder facer os lanzamentos nunha área segura, un antigo campo de tiro sen risco para edificios civís. Baixo a axuda dos militares o grupo tivo acceso a materiais máis adecuados para construír foguetes, con Manougian sempre declarando que a súa finalidade era puramente científica e educativa.[1][2][3][4][5][6]

Despois dunha recepción na que o presidente Fuad Chehab asegurou fondos limitados para o proxecto, o club foi renomeado Sociedade de Foguetes Libanesa, e os foguetes comezaron a usar o nome de Cedro. En abril de 1963 o foguete Cedro IV chegou a unha altura de 145 km, rebasando a fronteira do espazo. Nese punto o exército tiña un interese máis práctico nos foguetes de Manougian, quen comezou a recibir algunhas ofertas doutros países veciños, declinando sempre ao sospeitar unha intención militar tras os intentos de contratalo. O proxecto comezou a declinar en xullo de 1964, tras un accidente no que dous estudantes resultaron feridos ao tratar un deles de preparar un foguete sen a supervisión de Manougian. O último lanzamento dun Cedro tivo lugar en 1966 e case acaba en accidente ao estar a punto de impactar nun buque británico que monitorizaba o lanzamento.[1][2][3][4][5][6]

Coa Guerra dos Seis Días de 1967 e a posterior guerra civil no Líbano o proxecto finalizou e caeu no esquecemento, sen ter ningún tipo de continuidade.[1][2][3][4][5][6]

Historial de lanzamentos editar

Foguete[1][2][4] Data[1][2][4] Notas
Cedro 1 Abril de 1961 Primeiro voo exitoso dun Cedro.
Cedro 2 Maio de 1961
Cedro 2A Primeiro voo exitoso dun Cedro de dúas etapas.
Cedro 2B
Cedro 2C
Cedro 3 21 de novembro de 1962 Primeiro voo exitoso dun Cedro de tres etapas.
Cedro 4 21 de novembro de 1963
Cedro 5
Cedro 6 22 de setembro de 1964 Foguete dunha soa etapa.
Cedro 7 12 de maio de 1966 Foguete de dúas etapas.
Cedro 8 4 de agosto de 1966 Foguete de dúas etapas, chegando a 110 km de altura. Último lanzamento dun Cedro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Cedre 3" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2022). "Cedre 4" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Richard Hooper (14 de novembro de 2013). BBC World Service, ed. "Lebanon’s forgotten space programme" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Norbert Brügge. "Lebanon's forgotten "Cedar" rocket program" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 M PARK (abril de 2011). Esquire, ed. "WE CHOOSE TO GO TO THE MOON" (PDF) (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Universidade Haigazian, ed. (2022). "HU produced the 1st rockets shot in the Arab world" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar