Cecilia Vázquez

avogada e política galega

Cecilia Vázquez Suárez, nada en Betanzos en 1977, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Cecilia Vázquez
Nome completoCecilia Vázquez Suárez
Nacemento1977
Lugar de nacementoBetanzos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica e avogada
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en dereito pola Universidade de Vigo. Responsable da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal (2009-2010), foi presidenta da asociación xuvenil Brigantium (1999-2012) e coordinadora da rede galega de dinamización xuvenil (2011-2015). Foi nomeada directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en xuño de 2015.[1] Foi cesada en decembro de 2018,[2] ao ser candidata polo PPdeG á alcaldía de Betanzos,[3] sendo substituída por Cristina Pichel Toimil.

Notas editar