Cecilia Castaño Collado, nada en Almería o día 10 de febreiro de 1953, é doutora en Ciencias Políticas, catedrática de Economía Aplicada e profesora da Universidade Complutense de Madrid. É experta en tecnoloxías da información e o seu efecto sobre o emprego e o traballo das mulleres. Realizou numerosas investigacións sobre a fenda dixital de xénero e o acceso das mulleres á Sociedade da Información.[1] En 2006 creou o Programa de Investigación sobre Xénero e Sociedade da Información da Universidade Aberta de Cataluña (UOC)ide. Foi investigadora visitante das universidades de Harvard, Massachusetts Institute of Technology e Berkeley.[2]

Cecilia Castaño
Nacemento10 de febreiro de 1953
Lugar de nacementoAlmería
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
OcupaciónCatedrática de Estrutura Económica
Na rede
Twitter: ceciliacastano Dialnet: 122245 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid en 1974 e se doutorou en 1983 coa tese La Industria del Automóvil en España: Efectos de los procesos de cambio tecnológico sobre las condiciones del mercado de trabajo. [3]

En 1975 comezou a súa carreira docente na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UCM, na que que desde 1992 é Catedrática.

A mediados dos anos 90, reorientou a súa traxectoria investigadora desde os estudos sobre o impacto do cambio tecnolóxico no mercado de traballo á análise da relación entre xénero e tecnoloxías da información publicando en 1999 o traballo Diferencia o discriminación. La situación de las mujeres en el mercado de trabajo y el impacto de las tecnologías de la información.[4]

En 2005 publicou Las mujeres y las tecnologías de la información. Internet y la trama de nuestra vida. Un libro no que analiza en que medida e por que vías contribúen as tecnoloxías da información á plena incorporación das mulleres á actividade económica e social e os seus efectos, expondo as novas formas de desigualdade de xénero producidas polo analfabetismo dixital.[5]

De 2006 a 2012 dirixiu o programa de investigación Género y TIC Arquivado 19 de marzo de 2020 en Wayback Machine. na Universitat Oberta de Catalunya, creado para analizar as barreiras á incorporación e permanencia das mulleres nos estudos universitarios, a investigación e as empresas do ámbito das tecnoloxías da información, así como das políticas que desde distintos ámbitos póñense en práctica para superar ditas barreiras.

Tamén lidera o Observatorio e-Igualdade da Universidade Complutense de Madrid que desde 2006 estuda a situación da incorporación da muller a Internet en España e Europa.[6]

En 2008 publicou La segunda brecha digital incorporando ao debate sobre a fenda dixital de xénero a necesidade de pór atención non só na conectividade senón no uso que homes e mulleres fan da tecnoloxía.[7][8]

En 2015 dirixiu o libro colectivo Las mujeres y la gran recesión no que se analiza os datos da crise e a súa repercusión sobre os dereitos das mulleres.[9]

É membro do Consello Editorial da Colección Feminismos da Editorial Cátedra e membro do Consello de Redacción da revista Política e Sociedade da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía (desde 1997) e colabora en diversos medios de comunicación.[3]

Publicacións editar

Libros editar

  • Cambio tecnológico y mercado de trabajo en la industria del automóvil. (1985) Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, ISBN 84-7434-272-4
  • Tecnología, empleo y trabajo en España. (1994) Alianza Editorial ISBN 978-84-206-6402-6
  • Salud, dinero y amor: Cómo viven las mujeres españolas de hoy. (1996) Alianza Editorial
  • Las mujeres y las tecnologías de la información: Internet y la trama de nuestra vida. (2005) Cecilia Castaño Collado. Alianza Editoria, ISBN 84-206-9112-7
  • Las mujeres y las tecnologías de la información. Internet y la trama de nuestra vida. (2005) Alianza
  • La segunda brecha digital. (2008) Ediciones Cátedra, ISBN 9788437624754
  • Mujeres y poder empresarial en España. (2009) Cecilia Castaño Collado, Joaquina Laffarga Briones, Carlos Iglesias Fernández, Pilar de Fuentes Ruiz, Juan Martín Fernández,Raquel Llorente Heras, María J. Charlo, Yolanda Giner Manso, Susana Vázquez Cupeiro, Miriam Núñez Torrado, José Luis Martínez Cantos Madrid : Instituto de la Mujer ISBN 978-84-692-4022-9
  • Género y TIC. Presencia, posición y políticas. (2010) UOC Ediciones. ISBN 9788497889346.
  • Género, ciencia y tecnologías de la información. (2014) Juliet Webster e Cecilia Castaño . Editorial Aresta. ISBN 9788494145667[10]
  • Las mujeres en la gran recesión (2015) Olga Cantó Sánchez; Cecilia Castaño Collado; Inmaculada Cebrián López; Diego Dueñas Fernández; Juan Antonio Fernández Cordón;Carlos Iglesias Fernández; Raquel Llorente Heras;Miguel Ángel Malo Ocaña; Juan Martín Fernández;José Luis Martínez Cantos; Gloria Moreno Raymundo; Constanza Tobío. Editorial Cátedra. ISBN 978-84-376-3373-2

Notas editar

  1. "“Género, ciencia y tecnologías de la información” Entrevista a Juliet Webster y Cecilia Castaño. | Women 360° Congress | Salud, Bienestar y Empresa". 22 de novembro de 2014. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  2. "Cecilia Castaño Collado". 13 de decembro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Cecilia Castaño". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  4. "Diferencia o discriminación. La situación de las mujeres españolas en el mercado de trabajo y el impacto...(recensión). - Núm. 26, Xaneiro 2000 - Revista del Ministerio de Trabajo e Inmigración - Libros y Revistas - VLEX 116820". Consultado o 12 de maio de 2016. 
  5. Verónica Sanz González. "Reseña del libro: Las mujeres y las tecnologías de la información." (PDF). Instituto de Filosofía - CESIC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2016. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  6. "La brecha digital de género en España. Análisis multinivel" (PDF). Decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  7. "La segunda brecha digital y las mujeres". Consultado o 12 de maio de 2016. 
  8. "La segunda brecha digital". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  9. ""Las mujeres somos prisioneras de los sueños de los hombres"". Consultado o 12 de maio de 2016. 
  10. "Género, ciencia y tecnologías de la información". Mujeres con ciencia. Consultado o 19 marzo 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar