Cecilia Berdichevski

programadora arxentina

Cecilia Berdichevsky, nada en Vilnius o 30 de marzo de 1925 e finada o 28 de febreiro de 2010, foi unha programadora arxentina, pioneira na área da informática e no uso de Clementina.[1] Despois da "Noche de los Bastones Largos" comezou a traballar na compañía de Sadosky, Guber e Chamero.[2]

Infotaula de personaCecilia Berdichevski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Mirjam Tuwjasz Editar o valor em Wikidata
2 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata
Vilnius (Segunda República Polaca) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 2010 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Avellaneda, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires (1956–1960)
Escuela Nacional de Comercio de Avellaneda - Contabilidade (–1945) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninformática teórica , matemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires (1961–1966) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Berdichevsky estudou matemáticas na Facultade de Ciencias Exactas da Universidade de Buenos Aires onde tivo as súas primeiras aproximacións á informática. Fixo cursos coa programadora inglesa Cicely Popplewell e co español Ernesto García Camarero, converténdose na primeira programadora do primeiro gran ordenador que tivo Arxentina.[3] Despois continuou os seus estudos en Manchester e regresou a Arxentina en 1963. Ademais de programadora, Cecilia tamén traballou como Xefa de Traballos Prácticos de Cálculo Numérico I, onde o profesor titular era Sadosky. [4]

En 1962 obtivo unha bolsa para traballar na Unidade de Informática da Universidade de Londres e despois continuou o seu traballo en Francia.

Cecilia traballou en diferentes empresas vinculadas á tecnoloxía como: ACT, a empresa de Sadosky, Guber e Chamero; IBIZA; e, en 1984, pasa a ser subdirector xeral da Caixa de Aforros, encargado do Centro de Informática. Despois da súa xubilación, traballou como consultora informática e participou en importantes proxectos e organizacións internacionais como o PNUD.[2]

Notas editar

  1. Impagliazzo, John (2006). History of Computing and Education 2 (Hce2) (en inglés). Hofstra University. ISBN 9780387346373. 
  2. 2,0 2,1 "Cecilia Berdichevsky". 
  3. Carlos Borches Y Raul Carnota (8 de decembro de 2015). "Clementina, la memoriosa". Clarín. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  4. "Pioneras informáticas rioplatenses".