Cecilia (cantante)
Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976[1], foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".
Cecilia | |
---|---|
![]() Monumento a Cecilia en Colinas de Trasmonte, lugar da súa morte. | |
Nome completo | Evangelina Sobredo Galanes |
Alcume | Cecilia |
Nacemento | 11 de outubro de 1948 |
Lugar de nacemento | El Pardo |
Falecemento | 2 de agosto de 1976 |
Lugar de falecemento | Colinas de Trasmonte |
Causa | accidente de tráfico |
Soterrada | Cemiterio de La Almudena |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantautora e artista discográfico |
Pai | José Ramón Sobredo Rioboo |
Coñecida por | Un ramito de violetas |
Na rede | |
https://www.cecilianet.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi a quinta dos oito fillos do militar e diplomático ferrolán José Ramón Sobredo Rioboo (1909-1990), e da viguesa María Dolores Galanes Saavedra, «Lolocha». Por mor do oficio do seu pai tivo unha infancia itinerante, e viviu no Reino Unido, Estados Unidos, Portugal, Alxeria e Xordania. Comezou a tocar a guitarra e a cantar cunha monxa estadounidense. Aprendeu inglés ao tempo que o castelán, e as súas primeiras cancións foron nos dous idiomas, decantándose finalmente por este último. De regreso a España comezou os estudos de Dereito, pero decidiu abandonalos e dedicarse por completo á música. As súas letras teñen un fondo poética e literario, e adscríbense a correntes existencialistas e á canción protesta feminista. Mantivo unha relación afectiva co tamén músico Luis Gómez-Escolar, con quen colaborou nalgúns traballos.
O 2 de agosto de 1976, sobre as 5:40 horas da madrugada, Cecilia morreu nun accidente de tráfico na estrada N-525 na aldea de Colinas de Trasmonte, a 13 km de Benavente (Zamora). Regresaba tras un concerto esa mesma noite na Sala Nova Olimpia de Vigo, cando o seu automóbil, un Seat 124 matrícula M-2342-AX, bateu coa parte posterior dun carro tirado por bois que circulaba sen luces[2] nun tramo de vía urbana non iluminado. Ía durmida e morreu de forma instantánea. Acompañábana os seus tres músicos, finando o batería, Carlos de la Iglesia, amais dos dous ocupantes do carro.
Está soterrada no Cemiterio da Almudena.
Carreira musicalEditar
En Madrid comenzou a tocar e cantar cancións en inglés en colexios maiores. En 1970 gravou o sinxelo Expresión canda a Ignacio Sáez de Tejada (Nuestro Pequeño Mundo), que incluía as cancións "Try catch the sun" e "Have you ever had a blue day?". En 1971 firmou un contrato coa multinacional CBS, que acababa de instalarse en España. Adoptou o nome artístico de Cecilia polo tema homónimo de Simon and Garfunkel. Gravou o seu primeiro sinxelo en solitario coas cancións "Mañana" e "Reuníos", esta última adicada a The Beatles, que viñan de separarse.
En 1975 representou a España no Festival da OTI.
DiscografíaEditar
NotasEditar
- ↑ "Murió en accidente la cantante Cecilia". El Pueblo Gallego. 3 de agosto de 1976. p. 10-11.
- ↑ "La cantante Cecilia muere en accidente de tráfico", artigo en ABC, 3 de agosto de 1976 (en castelán).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Madrid, José: Equilibrista: la vida de Cecilia. Madrid, Ocho y Medio, 2011. ISBN 978-84-96582-76-7