Cayetano Martínez de Irujo
Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972).
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1963 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xinete, actor de cinema ![]() |
Nacionalidade deportiva | España ![]() |
Deporte | deporte ecuestre ![]() |
Disciplina deportiva | saltos (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 ![]() |
Outro | |
Título | Duque de Arjona (pt) ![]() Conde de Salvaterra ![]() |
Familia | House of FitzJames (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Genoveva Casanova y González (2005–) ![]() |
Parella | Melani Costa (2015–2015) ![]() |
Fillos | Luis Martinez de Irujo y Casonova ( ![]() Amina Martinez de Irujo y Casonova ( ![]() ![]() |
Pais | Luis Martínez de Irujo ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos. En 2006 proclamouse en Benahavís campión de España de saltos, con Kesberoy St. Aubert.[1] Desde 2012 e ata 2015, que foi destituído por unha moción de censura presentada por Antonio García-Plata (sucesor no cargo), presidiu a Asociación de Deportistas, en substitución de Emilio Sánchez Vicario.[2]
Tamén foi actor, interpretando ao Duque de Wellington na película Goya's Ghosts de Miloš Forman.
Notas
editar- ↑ "Hípica.- Cayetano Martínez de Irujo proclámase campión de España de Salto de Obstáculos". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ Cayetano Martínez de Irujo sucede a Emilio Sánchez Vicario como presidente da Asociación de Deportistas, Europa Press, Deportes, 10 de setembro de 2012