Cavia (xénero)

xénero de mamíferos

Cavia
Cobaias

Rango fósil: plistoceno medio - actualidade

Cobaia do Brasil Cavia aperea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Infraorde: Hystricognathi
Familia: Caviidae
Subfamilia: Caviinae
Xénero: Cavia
Pallas, 1776
Especies
Véxase o texto

Cavia é un xénero da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos, que é o tipo da familia dos cavíidos (Caviidae).[1]

Todas as súas especies son propias de Suramérica, e a máis coñecida delas é a cobaia,[2] ou coello de Indias,[3] Cavia porcellus, unha especie doméstica.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito por primeira en 1778 vez polo naturalista alemán Pallas, 1776, que deu como especie tipo a Cavia cobaya, especie que Linneo denominara Mus porcellus en 1758.[1]

Sinónimos

Ademais de polo nome que lle impuxo Pallas, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Anoema F. Cuvier, 1809
  • Cauia Storr, 1780
  • Cobaia Aymard, 1854
  • Cobaya G. Cuvier, 1817
  • Coiza Billberg, 1828
  • Mamcaviaus Herrera, 1899

Etimoloxía editar

O nome científico Cavia deriva de cabiai, nome que lle de lle daba á cobaia na lingua das tribos kali'na ou kali'ña, nativas da actual Güiana francesa,[4] antigamente denominados xenericamente como caribes, aínda que non teñen relación con estes. Cabiai pode ser unha adaptación da çavia do portugués antigo (hoxe savia), nome de dúas especies de ratas espiñentas, que modernamente se denominan sauiá, do tupí saujá.[5]

Especies editar

Segundo MSW e mais o SIIT, na actualidade recoñecense dentro do xénero as seguientes 6 especies:[1][6]

 
Cavia porcellus.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cavia no MSW.
  2. cobaia no dicionario da RAG.
  3. coello de Indias no dicionario da RAG.
  4. cavy, n2 no Oxford English Dictionary.
  5. cavy no Merriam-Webster Dictionary Online.
  6. Cavia no SIIT.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar