Coordenadas: 53°24′22″N 2°59′14″O / 53.40611, -2.98722

O Cavern Club é un club nocturno de Liverpool, Inglaterra. Aberto o 16 de xaneiro de 1957, o club foi orixinalmente un local de jazz que se converteu nun local de rock and roll cando este estilo chegou á cidade. Liverpool foi o centro do renacemento musical dos anos 1960 baseado no rock and roll e co Cavern como centro do movemento. O renacemento abrangueu tamén á arte e o deseño.

Entatua de John Lennon no exterior do local.
Muro da Fama do Cavern Club, Liverpool.

The Beatles actuaron no club preto de 300 veces nos seus primeiros anos. The Cavern era semellante no interior ó club de jazz Le Caveau de la Huchette de París, coa estética de túnel e de paredes de ladrillo espidas.[1] Malia que foi amplamente remodelado, cuns arcos e túneles similares, The Cavern aínda permanece aberto e é o centro do movemento cultural da cidade. No Cavern Club celébrase o Liverpool Mathew Street Music Festival, un festival de música anual de Liverpool

O club acolleu a primeira actuación de The Beatles o 9 de febreiro de 1961. Porén, John Lennon xa tiña actuado no local pouco despois de que este abrise en 1957.[1] Brian Epstein, o representante de The Beatles, que conseguiu o primeiro contrato de gravación do grupo, viu a primeira actuación do grupo neste club o 9 de novembro de 1961.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Note on first Beatles appearance". The Cavern Club. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar