Catuxa López Pato
tradutora galega
(Redirixido desde «Catuxa Pato»)
Catuxa López Pato, nada no Rosal o 22 de agosto de 1973, é unha tradutora galega.
Catuxa López Pato | |
---|---|
Nome completo | Catuxa López Pato |
Nacemento | 22 de agosto de 1973 |
Lugar de nacemento | O Rosal |
Nacionalidade | España |
Ocupación | tradutora |
Pai | Anselmo López Carreira |
Nai | Chus Pato |
Irmáns | Sabela López Pato |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Xermánicas e Románicas pola Universidade de Colonia (Alemaña) no 2000, máster de tradución xurídica pola Universidade de Sevilla no 2004. É funcionaria do corpo de xestión na Xunta de Galicia dende 2010. Foi candidata de En Marea ao Congreso por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.
ObraEditar
TraduciónEditar
- A rosa de ninguén, de Paul Celan, 2005, Galaxia.
- Camposanto, de W. G. Sebald, 2007, Galaxia.
- Máquina Hamlet e outras pezas, de Heiner Müller, 2013, Galaxia.
- Perplex, de Marius von Mayenburg, 2015.
- Insulto ó Público, de Peter Handke, 2016, con Sabela López Pato.[1]
- O facedor de teatro, de Thomas Bernhard, 2017, Galaxia.
PremiosEditar
- Premio María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido no 2015 por Perplex.
NotasEditar
- ↑ Ficha Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web de Escenasdocambio.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Catuxa López Pato na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[Ligazón morta]