Catherine McCormack

actriz británica

Catherine McCormack nada o 3 de abril de 1972 en Epsom, Surrey, Inglaterra, é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty

Catherine McCormack
Nome completoCatherine McCormack
Nacemento3 de abril de 1972 (48 anos)
LugarEpsom, Surrey, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
Educada enOxford School of Drama
ProfesiónActriz, produtora e directora de cine
(1994-presente)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós. A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica, aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.

CineEditar

O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible." Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".

TeatroEditar

McCormack sempre mostrou unha preferencia cara o teatro ó longo da súa traxectoria. Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londiniense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps. No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House, dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady, os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author.

NomeamentosEditar

Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar