Caterina Scarpellini
Caterina Scarpellini Fabri, nada en Foligno o 29 de outubro de 1808[1] e finada no mesmo lugar o 28 de novembro de 1873, foi unha meteoróloga, astrónoma e matemática italiana.
Caterina Scarpellini | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de outubro de 1808 e 1808 |
Lugar de nacemento | Foligno |
Falecemento | 28 de novembro de 1873 e 1873 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrada | Campo di Verano |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Ocupación | astrónoma e científica |
Cónxuxe | Erasmo Fabri Scarpellini |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fundou co seu marido a revista La Corrispondenza scientifica in Roma. Bullettino universale na que publicou algúns dos seus traballos. Estudou o ozono, mediu as concentracións de ozono no aire e determinou unha relación inversamente proporcional entre a concentración deste gas no aire e a propagación da epidemia de cólera en Roma en 1867. Estudou as eclipses solares, os terremotos, as choivas de meteoros. Documentou a observación dun gran cometa (C/1854 F1). Mediu condicións hidrométricas e hidrotermais do Tíber da súa época. Entre outros.
Organizou a estación meteorolóxica ozonométrica en Roma e descubriu un cometa no ano 1854.
RecoñecementosEditar
En 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro polo traballo que realizou en estatística.
Un cráter venusiano leva o seu apelido.
NotasEditar
- ↑ "Caterina Scarpellini, astrónoma". mujeresconciencia.com. Consultado o 04-11-2017.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)